Actualidade

María Parga Landa ofrece a conferencia : “A Tecnoloxía Blockchain e o Consorcio Alastria, unha oportunidade para España"

11/10/2019

A Cátedra Luis Fernández Somoza organiza a conferencia "A Tecnoloxía Blockchain e o Consorcio Alastria, unha oportunidade para España", que será impartida por María Parga Landa, directiva en BME e presidenta executiva da Rede Consorcio Alastria. A ponencia terá lugar o vindeiro venres, 11 de outubro, ás 12:00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa.

 

Partindo do contexto e as tendencias actuais, a tamén vicpresidenta de Continuam, ofrecerá unha breve introdución sobre a tecnoloxía Blockchain e as súas posibilidades na implementación da identidade dixital. Ademais, grazas á súa experiencia no Consorcio Alastria, explicará as claves de esta asociación sen ánimo de lucro que, respaldada por case medio milleiro de organizacións e institucións públicas, naceu co obxectivo de democratizar o acceso a esta tecnoloxía no noso país e grazas ao esforzo da sociedade está a posicionar a España na vanguardia do novo entorno económico dixital.

 

A asistencia ao acto require inscrición previa a través do formulario aberto na páxina web da Cátedra de Internacionalización Luis Fernández Somoza.