Actualidade

Sete alumnos de Economía e Empresa contan con axudas á internacionalización para o curso 2018/2019

18/06/2019

 

Un total de sete estudantes da Facultade de Economía e Empresa poderá desfrutar das axudas concedidas pola Cátedra de Internacionalización de Estudos Luis Fernández Somoza na primeira convocatoria do curso 2018/2019, que lles permitirán cursar parte dos seus estudos de Grao nas universidades de South Wales e Delaware.

 

Unha vez publicada a resolución de axudas á internacionalización do alumnado, que pode consultarse aquí, os estudantes acudirán ás universidades de acollida e, ao finalizar os estudos acordados, remitirán unha memoria de estancia á organización.

 

Axudas ao profesorado

A Cátedra Luis Fernández Somoza mantén aberta a convocatoria de axudas á internacionalización de docentes e investigadores durante todo o curso. Poden consultarse as bases a través deste enlace