Novas I+D+i

A Cátedra Luis Fernández Somoza colabora no Congreso ACEDE coa participación de Dr. Sibin Wu

18/06/2019

 

A Cátedra de internacionalización de estudos Luis Fernández Somoza colabora coa Asociación científica de Economía e Dirección da Empresa na organización do Congreso ACEDE, que acolle a Universidade da Coruña entre o 16 e o 18 de xuño, facendo posible a participación do profesor e director do Departamento de Administración na Universidade de Texas-Rio Grande, Sibin Wu.

 

O Dr. Wu centra a súa investigación nas áreas de emprendemento, xestión estratéxica e negocios internacionais, os seus traballos foron publicados en máis dunha veintena de revistas e en 2015 recibiu o premio John Jack da United State Association for Small Business and Entrepreneurship.

 

Axudas á participación no Congreso

A Cátedra Luis Fernández Somoza, na súa misión de favorecer a internacionalización dos estudos de Economía e Empresa tanto do alumnado como do personal docente e investigador, vén de ofertar catro bolsas a estudantes para impulsar a súa asistencia ao Congreso.