Novas I+D+i

A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte inicia o curso cunha conferencia sobre o traballo en equipo

05/10/2018

A fisioterapeuta e profesora de Ciencias do Deporte da Universidade Ramón Llull, Mónica Solana-Tramunt, foi a encargada de impartir a lección inaugural do curso 2018/2019 da Cátedra de Traumatoloxía do Deporte de HM Hospitales e a Universidade da Coruña (UDC). Baixo o título "Traballo en equipo no deporte de rendemento: roles e competencias profesionais para o éxito deportivo", a conferencia, celebrada no salón de actos da Fundación ONCE, cedido pola entidade de xeito totalmente gratuíto, enmárcase no Día das Universidades Saudables. 

 

Solana-Tramunt acredita unha exitosa traxectoria académica e profesional no eido do deporte e da reeducación funcional. É docente dos mestrados de Readaptación ao Deporte da UCV, de Entrenamento, Actividade Físcia e  Saúde da URL, e de Fisioterapia do Fútbol Club Barcelona e da Universidade de Sevilla. Ademais, é responsable da área de Fiosioterapia e prevención de lesións da Real Federación Española de Natación, modalidade deportiva na que centra a súa actividade profesional.

 

A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte naceu no ano 2015 en virtude dun acordo subscrito entre HM Hospitales e a UDC co obxectivo de formar na Coruña un centro de referencia no eido da Traumatoloxía do Deporte, non so para Galicia, senón para todo o noroeste peninsular. Ao frente da mesma atópanse o profesor Luís Cudeiro, como director, e o profesor Rafael Arriaza, como coordinador executivo.