Actualidade

O experto internacional en ciberseguridade David Finn ofrece unha conferencia na UDC

26/03/2019

 

A Cátedra Luís Fernández Somoza, en colaboración co Grupo Jean Monnet de Competencia e Desenvolvemento, a Cátedra R en Ciberseguridade UDC-UVigo, a Cátedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, organizou o pasado 21 de marzo a conferencia "The new approach to cleaning up the internet: and what cybersecurity companies, developers, and no-profit institutions must del to make it happen", impartida polo director executivo da organización CleanApps.org, o estadounidense David Finn, na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.