Actualidade

'University-Industry Interaction Forum' abordará a transferencia da investigación universitaria

11/03/2019

Co obxectivo de favorecer a interacción entre axentes públicos e privados en torno á colaboración Universidade-Empresa, o Consello Social da Universidade da Coruña organiza o University-Industry Interaction Forum, un foro de reflexión construtivo e plural sobre os retos actuais en materia de gobernanza e xestión universitaria que inciden directamente na actividade de transferencia dos resultados da investigación universitaria ao sector produtivo. 

 

Con esta xornada, que terá lugar o 9 de maio na Sede Afundación A Coruña, o Consello Social, en colaboración coa Cámara de Comercio da Coruña, pretende promover la interación entre axentes públicos e privados fomentando a construción dunha rede de contactos que axude a xerar oportunidades de negocio para a Universidade da Coruña.