Actualidade

A cátedra ALDABA-WIB financia un dos premios do Congreso XoveTIC

08/10/2021

 

O Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña acolleu o xoves 7 e venres 8 de outubro de 2021 a cuarta edición do Congreso XoveTIC.

 

O congreso está destinado a personal investigador junior para presentar as súas comunicacións no ámbito das tecnoloxías da Información e as Comunicacións (as TIC). O obxectivo do XoveTIC é construír un espazo de encontro para o debate científico e contribuír á formación dos novos investigadores e investigadoras.

 

Presentáronse un total de 62 traballos  e tiveron lugar dúas conferencias plenarias, a cargo da Área de Tecnoloxía da UPF Barcelona School of Management, Ana Freire, e o membro do Comité Asesor de Directores do INESC TEC de Porto e profesor da Universidade do Minho, Rui Carlos Oliveira.

 

Condecérose cinco premios de 300 euros cada un ás comunicacións orais mellor valoradas por parte do Comité Científico, atendendo a súa calidade, excelencia e orixinalidade.

 

O premio financiado pola Cátedra Aldaba-WIB foi entregado por  Mariano Cabrero Canosa, decano de la Facultad de Informática da Universidade da Coruña a Aida Vidal Balea polo seu traballo "Collaborative Digital Twin:a Nobel Open-Source Augmented Reality Solution for Training and Maintenance Processes in the Shipyard of the Future" sendo coautores Óscar Blanco Novoa, Paula Fraga Lamas, Miguel Vilar Montesinos e Tiago M. Fernández Caramés.

 


Sobre a Cátedra Aldaba-WIB


A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business foi constituída en setembro de 2019 por ALDABA, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, ten como obxectivo potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por un lado, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.

 

Unha das liñas estratéxicas que contempla a Cátedra é contribuír á formación de alto nivel dos futuros graduados da FIC-UDC e a ESEI-UVigo a través de actividades que acheguen ao corpo estudantil as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas. Tamén facilitar a súa integración no mundo laboral salientando as competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.