Actualidade

Grande afluenza de público na conferencia organizada pola Cátedra Luis Fernández Somoza

20/04/2018

O expresidente do Parlamento Europeo, Josep Borrell, congregou a ducias de persoas na conferencia sobre “O futuro do Euro”, que ofreceu o pasado 16 de abril na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña convidado pola Cátedra Luis Fernández Somoza.

 

Tras recoñecer a "ondada de escepticismo" que relacionou coa "situación sociopolítica", Borrell describiu aos asistentes o panorama "bastante incerto" que, segundo apuntou o tamén profesor universitario, ten o futuro da Unión Europea.

 

 

 

Nos medios

Pode consultar a continuación a información publicada polos medios de comunicación sobre a conferencia: