News

A FUAC lanza a segunda edición do programa Axentes de Innovación

30/10/2017

 

Desenvolver un plan de innovación no tecido empresarial que mellore a competitividade das empresas e promova a inserción laboral da mocidade. É o obxectivo primordial do programa de Axentes de Innovación, posto en marcha pola FUAC en colaboración co Concello da Coruña por segundo ano consecutivo.


O programa, que vén de estrear a súa segunda edición, conta con dez entidades de acollida que asinarán convenios de prácticas profesionais dirixidas a dez mozos e mozas con diversas titulacións que están a recibir formación específica en materia de innovación.


Deste xeito, a metodoloxía desta iniciativa combina a formación en innovación empresarial co desenvolvemento dun programa de formación práctica de dous meses de duración e unha axuda económica de 800 euros mensuais por beneficiario.


Tanto as empresas participantes no programa coma os beneficiarios do mesmo foron seleccionados por unha comisión de avaliación de solicitudes composta por persoal da FUAC e do Concello da Coruña.