Trátase de proxectos enfocados á visualización gráfica de datos e análise cartográfico a través dos seus laboratorios #videaLAB e #cartoLAB.
O videaLAB, Laboratorio de Visualización Avanzada en Enxeñería, Arquitectura e Urbanismo da UDC, centra as súas actividades no coñecemento, a investigación e a aplicación das tecnoloxías da representación gráfica do territorio, as infraestruturas, a construción, o patrimonio histórico, arqueolóxico, paisaxísistico e cultural.
O cartoLAB, Laboratorio de Enxeñaría Cartográfica, basea o seu traballo fundamentalmente nos Sistemas de Informaxión Xeográfica (SIX) aplicados á Enxeñaría Civil.
Ambos laboratorios forman parte do Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía (VAC) da Escola Técnica Superior de Camiños, Canais e Portos.