Actualidade

A Cátedra Luis Fernández Somoza abre unha nova convocatoria de bolsas para a internacionalización para o curso 2020-2021

11/01/2021

 


A Cátedra Luis Fernández Somoza abriu para o curso académico 2020-2021 unha nova convocatoria de bolsas para a mobilidade internacional do alumnado da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña que estea cursando actualmente programas de dobre titulación (grao e mestrado universitario) internacional no curso académico actual nas universidades de South Wales, Widener e ESC Rennes. Dirixidas a alumnos que estean estudando actualmente programas de dobre titulación (graos ou mestrados universitarios) internacionais durante o curso académico 2020-2021 en universidades internacionais.

 

Os requisitos poden consultarse nas bases da convocatoria vixente. Os beneficiarios das axudas, optarán a unha cuantía de entre 1.780 e 2.500 euros, en función da universidade de destino. 

 

Para máis información, faga clic aquí