Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
VI Edición do Mestrado en Comunicación Deportiva destinado a profesionais, licenciados e estudantes aos que lles proporcionará a adquisición de coñecementos no ámbito da comunicación deportiva, claves na organización e estrutura das institucións, atendendo aos diversos soportes: prensa escrita, radio, televisión e medios dixitais.
O programa formará aos alumnos en planificación deportiva, xestión económica e ordenación xurídica. Os coñecementos adquiridos no mestrado permitirán a consecución dunha vantaxe competitiva aos alumnos, permitindo a aplicación inmediata dos mesmos no desenvolvemento da súa carreira profesional, atendendo á natureza práctica desenvolvida durante o mestrado.
INFORMACIÓN
Datas de impartición: Do 23 de outubro de 2020 ao 26 de xuño de 2021.
Lugar: Aulas da Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus de Elviña. A Coruña. C.P.:15008.
Horario: Venres de 16:00h a 21:00h e Sábados de 09:00h a 14:00h.
Número de alumnos: mínimo 10, máximo 25.
Créditos: 60 ECTS.
Modalidade: Presencial.
Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación na clase. É obrigatoria a presentación dun Proxecto fin de Mestrado/Tesina.
Preinscrición e matrícula:
REQUISITOS DE ACCESO
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) ata o 20 de outubro de 2020, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.
En caso de solicitar bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que lle sexa solicitada.
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición e a realización dunha estrevista persoal, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 5.500 euros, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos. Tendo que achegar unha reserva de praza do 10% do importe total do curso.
O pago da matrícula farase os 10 días posteriores á aceptación.
Formas de pago:
Aboarase nun segundo prazo o 45% na primeira semana de xaneiro.
*Consultar outras modalidades de pago / flexibilidade nas cuotas
A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
SOLICITUDE DE BOLSA
Existen dúas bolsas do 50% da matrícula por importe de 2.750 euros e unha bolsa do 100% da matrícula, que se poderán solicitar ata o 20 de octubro de 2020.
Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, no caso do 50%, o alumno deberá efectuar un só pago en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.
Para a concesión das bolsas atenderase aos seguintes criterios:
Os solicitantes que aleguen unha disminución drástica dos ingresos da unidade familiar ou unha mala situación económica, creada ou sobrevinda e sempre que o Comité de Avaliación considere xustificada.
Para a súa obtención, atenderase á valoración dos seguintes criterios da unidade familiar (total ou parcial). Toda a documentación a achegar no momento da preinscrición detállase máis abaixo
Documentación obligatoria a achegar:
Documentación a aportar en caso de solicitude de bolsa:
a) Situación legal de desemprego.
b) Separación ou divorcio de feito ou de dereito / Familias monoparentais.
c) Discapacidades ou minusvalías.
d) Enfermidades graves.
e) Pensionistas.
f) Consecuencias sociais que afecten negativamente á situación económica.
g) Historial de bolsas concedidas con anterioridade.
h) Estudantes estranxeiros.
Deberase achegar ademáis:
- Expediente académico completo.
- Declaración da renda.
- Carta de motivación.
Créditos: 60
Data de celebración: Do 23/10/2020 ó 26/06/2021
Data de inscrición: Do 30/06/2020 ó 20/10/2020
Data de matrícula: Do 01/07/2020 ó 22/10/2020
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/01/2021 ó 10/01/2021
https://mastercomunicaciondeportivaudc.wordpress.com/
Tarifa oficial: 5.500,00 €
Tarifa Reserva de plaza (10%): 550,00 €
Tarifa Pago único 90%: 4.950,00 €
Tarifa Primer plazo 45%: 2.475,00 €
Tarifa Segundo Plazo 45%: 2.475,00 €
Tarifa Alumnos becados 50%: 2.750,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
VI Mestrado en Comunicación Deportiva