Curso de Formación Específica de Posgrao en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer o traballo en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento.

 

 

INFORMACIÓN

 

  • Data de impartición: do 6 de febreiro ao 27 de marzo de 2020.
  • Lugar: aula nº 12B da Facultade de Dereito. Campus de Elviña. A Coruña.
  • Horario: Xoves e Venres 16:00h a 20:30h.
  • Número de alumnos: mínimo 5, máximo 30.
  • Créditos: 6 ECTS.
  • Modalidade: Presencial.
  • Preinscrición e matrícula:
    • Data de preinscrición: Do 2 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 2020.
    • Data de matrícula: Do 22 ao 4 de febreiro de 2020.

 

 

REQUISITOS DE ACCESO

 

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  4. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria da UDC, o PDI e o PAS.
  2. Currículum profesional vinculado ao sector das ONGD ou entidades sen ánimo de lucro.
  3. Realizar previamente outros cursos de cooperación ou educación para o desenvolvemento.
  4. Valoraranse outras circunstancias e intereses personais tales como o expediente académico ou unha entrevista personal (opcional).

 

 

PREINSCRICIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxasdo 2 de xaneiro ao 20 de xaneiro de 2020 tendo en conta que o día límite deberán achegar a totalidade da documentación requerida e que se detalla máis abaixo.

 

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 50 euros, que o alumno poderá satisfacer nun único prazo. Polo que se poderá aboar os 50 euros dende o 22 de xaneiro ao 4 de febreiro de 2020.

 

A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

Podes descargar o programa en documentación adxunta

Documentación a achegar

 

Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición.

 

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambar caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, legible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividad, tarxeta de PAAU.
  3. Currículo Viate.
  4. Certificados da formación previa realizada e relacionada coa materia do posgrao.
  5. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

Créditos

Créditos: 6

Datas

Data de celebración: Do 06/02/2020 ó 27/03/2020
Data de inscrición: Do 02/01/2020 ó 07/02/2020
Data de matrícula: Do 22/01/2020 ó 07/02/2020

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 50,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Curso de Formación Específica de Posgrao en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 06/02/2020 ó 27/03/2020
Horario: jueves y viernes de 16:00 a 20:30
Lugar: Facultad de Derecho de A Coruña
Matrícula: 50,00 €