Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Baixo o nome de Compliance ou cumplimento legal foronse configuando nos últimos anos unha serie de prácticas, mecanismos e procedementos que converxeron na necesidade de que as empresas adopten uns sistemas de control e prevención tendentes a minimizar os riscos de sancións, pérdidas patrimoniais ou de reputación e, en última instancia, ata conxurar a posible responsabilidade penal das mesmas.
Xunto ao cumplimento legal, o adecuado tratamento dos datos persoais presentase como un dos principais desafios actuais para Empresas e Administracións Públicas.
O curso de Especialización en Cumprimento Legal e Privacidade ofrece unha sólida formación en ambos aspectos, conformándose así como unha oportunidade formativa de singular interese para empresas, Administracións e profesionais interesados en adquirir unha formación especializada e de calidade nestas materias.
O profesorado do curso combina a presenza de especialistas académicos con profesionais do Dereito e de empresas do ámbito tecnolóxico, garantindo unha perspectiva completa, teórica e práctica, das importantes cuestións que aborda este curso.
INFORMACIÓN:
Datas de impartición: Do 28 de febreiro ao 12 de xuño de 2020.
Lugar: Venres: Aulas primeira planta da Facultade de Dereito da UDC
Créditos: 25
Modalidade: presencial
Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. E obligatoria a presentación dun traballo de fin de curso.
Número de alumnos: mínino 10, Máximo 25
Preinscrición: do 25 de novembro de 2019 ao 27 de febreiro de 2020
Matrícula: do 19 de febreiro ao 27 de febreiro de 2020
Horarios: venres de 16:00 a 21:00 h.
REQUISITOS DE ACCESO:
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán os seguintes:
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 25 de novembro de 2019 ao 27 de febreiro de 2020, tendo en conta que o día límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requerida e que se detalla maís abaixo.
No caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, adxuntando a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 1.560,00€, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos.
Pago único: Abonaránse 1.560€ do 19 de febreiro ao 27 de febreiro de 2020
Pago aprazado: Abonaránse nun primeiro prazo: 780€ do 19 de febreiro ao 27 de febreiro de 2020
Abonaránse nun segundo prazo 780€ do 1 de abril ao 10 de abril de 2020
(O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula)
BOLSA MATRÍCULA:
Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un só pago de 780€ en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo prazo.
SOLICITUDE DE BOLSA:
Existen 2 bolsas da metade de matricula, que se poderán solicitar do 25 de novembro de 2019 ao 27 de febreiro de 2020.
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscición, que cumplan os seguintes requisitos:
- Que poidan acreditar co expediente académico do título co que accede ao posgrao unha nota media de 8,5 ou superior, calculada conforme al R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.
Para otorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse os mellores expedientes académicos.
FORMACIÓN:
O curso oferta 3 becas de prácticas remuneradas durante 3 meses.
Documentación a aportar xunto co boletín de preinscrición.
Documentación a aportar para a solicitude de bolsa.
Expediente academico que inclua a nota media calculada conforme ao R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.
Créditos: 25
Data de celebración: Do 28/02/2020 ó 12/06/2020
Data de inscrición: Do 25/11/2019 ó 06/03/2020
Data de matrícula: Do 19/02/2020 ó 22/04/2020
Tarifa Matrícula completa: 1.560,00 €
Tarifa Primer plazo matricula: 780,00 €
Tarifa segundo plazo matricula: 780,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
C.E. en Cumprimento Legal e Privacidade