Prazo de inscrición pechado.
Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer a Terapia Asistida con Cans.
Datas de impartición:
Novembro: 22, 23 e 24 do 2019
Decembro: 13, 14 e 15 do 2019
Xaneiro e febreiro: 31, 1 e 2 do 2020
Marzo: 6, 7 e 8 do 2020
Abril: 3 e 4 do 2020
Preinscrición: Do 18 de setembro ao 13 de novembro do 2019.
Matricula: Do 11 ao 15 de novembro do 2019.
Horarios: venres: 16 a 20h, Sábado: 9:30 a 18:30, Domingo: 10 a 14
Requisitos de acceso:
Serán admitidos todos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
1. Ser titulado universitario nalgunha titulación de Ciencias da saúde humana ou social: Terapia Ocupacional, Psicoloxía, Fisioterapia, Logopedia, Medicina, Enfermería, Traballo Social.
2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións dos ciclos das anteriores titulacións.
3- Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao, cando nestes créditos estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución rectoral, logo da solicitude individual e razonada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia do informe noutro órgano.
4- Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo e do segundo ciclo en relación a Ciencias da saúde humana ou sociais.
5- Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios, con experiencia ou algunha titulación relacionada coa saúde humana e social.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán os seguientes:
1- Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria en : Terapia ocupacional, Psicoloxía, Fisioterapia, Enfermería, Logopedia, Traballo Social ou Medicina.
2- Currículum profesional vinculado ás ciencias da saúde humana ou social .
3- Ter realizado previamente outros cursos de Invervencións Asistidas con Animais.
4- Valoraránse outras circunstancias e intereses persoais, tales como a experiencia ou colaboracións en proxectos de Intervencións Asistidas con Animais.
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse( sen abono de taxas) do 18 de setembro ao 13 de novembro, tendo en conta que o día límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requerida e que se detalla máis abaixo.
No caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, adxuntando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 600,00€, que o alumno poderá satisfacer en un ou en dous prazos.
Pago único: Abonaránse 600€ do 11 ao 15 de novembro de 2019.
Pago aprazado: abonaránse nun primeiro prazo 300 euros do 11 ao 15 de novembro de 2019.
Abonaránse nun segundo prazo 300 euros do 1 de xaneiro de 2020 ao 15 de marzo do 2020.
(O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula)
BOLSA MATRÍCULA
Unha vez aceptada a solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un só pago de 300 euros en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.
SOLICITUDE DE BOLSA:
Existen 2 bolsas do 50% da matrícula, poderánse solicitar do 18 de setembro ao 13 de novembro do 2019.
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos( ambos):
- Que poidan acreditar co expediente académico do título co que se accede ao posgrao unha nota media de 9 modificado polo R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.
- Que, ademáis do anterior, poidan acreditar fehacientemente o seu domicilio fora do ámbito metropolitano da coruña, aportando para iso un certificado de empadroamento e un recibo domiciliado o seu nome. A dirección debe coincidir en ambos documentos.
Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse os mellores expedientes académico e, de eles, concederánse as bolsas aos dous que acrediten unha distancia maior dende o seu domicilio ata A Coruña.
MODALIDADE: presencial
AVALIACIÓN: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de curso( no caso de que así se presentase).
CRÉDITOS: 10
Nº ALUMNOS: Mínimo 15, máximo 20.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:
1- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia( para extranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
2- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
3- C.V.
4- Expediente académico.
5- Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao, e no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
6.-Certificado de outros cursos de Intervención asistida con animais.
7.-Documentación da bolsa:
Créditos: 10
Data de celebración: Do 22/11/2019 ó 04/04/2020
Data de inscrición: Do 18/09/2019 ó 13/11/2019
Tarifa oficial: 600,00 €
Tarifa con bolsa: 300,00 €
Tarifa Matricula pago aplazado: 300,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
CF.E.P. en intervención asistida con cans: principios fundamentais e avances na terapia