Formación

Curso de Especialización en Xerencia de Riscos e Seguros (Plan Inicia Gerenciarys)

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran formarse na XESTIÓN DO RISCO E O SEGURO.

DATAS DE IMPARTICIÓN: Do 06/09/2019 ao 01/02/2020

PREINSCRICIÓN: Do 12/07/2019 ao 15/08/2019

MATRÍCULA: Do 26/08/2019 ao 31/08/2019

HORARIOS: Venres: 09:30 h a 19:00 h / Sábados: 09:30 h a 14:00 h.

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  3. Acreditar ter superado 180 créditos dos estudos universitarios de grao cando nestes estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  4. Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  5. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudios universitarios

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Terán preferencia os alumnos cunha Titulación de Grao en Dereito, Economía ou Empresa ou Enxeñería.
  2. Currículum profesional vinculado a actividades empresariais relacionadas coa xestión do risco e o seguro.
  3. Valoráranse outras circunstancias e intereses persoais tales como que presentasen a súa solicitude con maior antelación.

 

PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do  12/07/2019 ao 15/08/2019, tendo en conta que a data límite deberá haber ter aportada a totalidade da documentación requerida e que se detalla máis abaixo.

Acceso a inscrición

No caso de solicitar Bolsa, levarase a cabo todo o proceso de documentación no momento de realizar a matriculación, achegando  a documentación acreditativa que sexa solicitada.


DOCUMENTACIÓN A APORTAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU. 
  3. C.V.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  5. Documentación da bolsa, no caso de aplicar.

 

MATRÍCULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.500 euros  € / 2.250 € para os Amigos da Fundación Inade, que o alumno poder satisfacer de dous formas:

  1. Pago único: Abonaránse 2.500 € / 2.250 € de 26/08/2019 ao 31/08/2019
  2. A Prazos: Abonaránse 1.250 €/ 1.125 € do 26/08/2019 ao 31/08/2019 e 1.250 €/ 1.125 € do 07/10/2019 ao 11/10/2019

 


SOLICITUDE DE BOLSA:

Existe 1 bolsa, por cada 10 alumnos inscritos, do 50% da matrícula, que se poderán solicitar do 10/09/2019 ao 30/09/2019:

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula todos os alumnos admitidos. Os criterios de concesión de becas son:

  • Nivel de titulación académica no ámbito do Dereito, Economía e Empresa ou Enxeñería.
  • Expediente académico universitario.
  • Anos de experiencia no sector asegurador ou na dirección de empresas.
  • Distancia dende a residencia habitual ata a Facultade de Dereito da UDC.

 

AVALIACIÓN: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de título.

CRÉDITOS: 30 ECTS

AULAS: 1

Nº ALUMNOS: Mínimo 25, máximo 40

MÁIS INFORMACIÓN

Créditos

Créditos: 30

Datas

Data de celebración: Do 06/09/2019 ó 01/02/2020
Data de matrícula: Do 07/10/2019 ó 11/10/2019

Importes

Tarifa Matricula general: 2.500,00
Tarifa Matricula amigos INADE: 2.250,00
Tarifa Matricula a plazos: 1.250,00
Tarifa Matricula a plazos amigos Inade: 1.125,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: I.VARELAC@FUAC.UDC.ES

Comparte esta información

Curso de Especialización en Xerencia de Riscos e Seguros (Plan Inicia Gerenciarys)

  Datos
Data: Do 06/09/2019 ó 01/02/2020
Horario: viernes de 09:30 a 19:00 y sábados de 09:30 a 14:00
Lugar: Facultad Derecho- Campus Elviña A Coruña