Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
A industria aeroespacial está experimentando un crecente desenvolvemento en Galicia pola expansión das empresas existentes, as iniciativas de clusters empresariais e as actuacións da administración autonómica en favor deste sector industrial, proporcionando emprego de alta calidade ye elevado compoñente tecnolóxico. Por iso, é moi importante contar con titulados universitarios que posúan as capacidades requeridas polas empresas galegas.
O obxectivo do mestrado é dotar aos alumnos dos coñecementos máis actuais nos materiais avanzados utilizados en vehículos aeronáuticos ou espaciais, tamén no modelado dixital, análisis estructural e optimización de estruturas aeroespaciais. Todo iso no contexto do estado actual destes medios de transporte, de industria e da súa evolución probable.
A docencia práctica do MIEMA lévase a cabo cos códigos máis modernos de software de enxeñería e realizando ensaios aerodinámicos de modelos reducidos de perfís alares no túnel do vento da Universidade da Coruña.
INFORMACIÓN
- Preinscrición: Do 1 de xullo ao 20 de setembro de 2019.
- Matrícula: Do 2 de setembro ao 27 de setembro de 2019.
REQUISITOS DE ACCESO
Para acceder ao mestrado os estudantes deberán reunir, polo menos, un dos seguintes requisitos:
Condicións de acceso específicas
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das siguientes condicións:
1. Ser titulado ou cursar estudos universitarios en:
- Titulacións previas ao marco de Bolonia: Enxeñería Aeronáutica, Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, Enxeñería Naval e Enxeñería Industrial Mecánica e de Organización Industrial.
- Titulacións actuais: Graos de Enxeñería Aeroespacial, de Enxeñería de Obras Públicas, Tecnoloxías da Enxeñería Civil, Construcción, Enxeñería Naval, Enxeñería Mecánica e Tecnoloxías Industriais e Organización industrial.
Dado que o mapa actual de titulacións é moi extenso e imposible de enumerar, plantexase ademáis que os enxeñeiros previos ao actual marco de Bolonia ou os actuais egresados en enxeñería e outras titulacións que acrediten coñecementos nas seguintes materias: álxebra, análise matemático, expresión gráfica, mecánica (estática, cinemática e dinámica), resistencia de materiais e cálculo de estruturas,poden tamén acceder ao mestrado.
No caso de que o número de solicitudes válidas superen as 40 prazas máximas ofertadas aplicaranse os seguintes criterios de forma secuencial:
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o mestraedo deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 1 de xullo de 2019 ao 20 de setembro de 2019, tendo en conta que o día límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requerida, que se detalla mais abaixo, xunto co Boletín de Preinscrición.
O enlace de preinscrición estará dispoñible a partir do 01 de xullo de 2019.
MATRÍCULA
Despois do proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicarase por correo) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula que teñen un custo de 3.900 euros, o cal o alumno deberá satisfacer nun único prazo.
SOLICITUDE DE BOLSA
Segundo regulamentación da UDC concederánse bolsas de matrícula para o 10% dos alumnos. Adicionalmente existirá unha bolsa patrocinada por GAIN.
En ambos casos a cuantía será do 50% da matrícula e poderá solicitarse do 1 de xullo de 2019 ao 20 de setembro de 2019, achegando a documentación requerida no momento da preinscrición
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula todos os alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición. Os criterios para a concesión das bolsas serán:
DOCUMENTACIÓN A APORTAR NA PREINSCRICIÓN
DOCUMENTACIÓN A APORTAR NO CASO DE SOLICITAR BOLSA
- Expediente académico (da titulación coa que se accede) con puntuación entre 1 e 10 puntos.
- A experiencia profesional acreditaráse na Carta Dirixida á Dirección Académica que se aporta na preinscrición.
Créditos: 60
Data de celebración: Do 03/10/2019 ó 25/09/2019
Data de inscrición: Do 01/07/2019 ó 09/10/2019
Data de matrícula: Do 02/09/2019 ó 14/10/2019
Tarifa oficial: 3.900,00 €
Tarifa con bolsa: 1.950,00 €
Tarifa Matricula PFM: 975,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: I.VARELAC@FUAC.UDC.ES
Mestrado en Enxeñaría de Estruturas e Materiais Aeroespaciais