Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Edición dun posgrao destinado a titulados universitarios que queiran obter unha formación interdisciplinaria orientada a proporcionar as competencias básicas para realizar as tarefas propias do especialista en Atención Temperá.
Basease nunha perspectiva integral e biopsicosocial, centrada na actividade ubicada e na relación entre o neno/a e os seus contextos de vida, incluíndo á familia, á escola e á comunidade.
É un título propio da Universidade da Coruña.
DATAS DE IMPARTICIÓN: Do 4 de outubro de 2019 ao 11 de xullo de 2020
PREINSCRICIÓN: Do 24 de xuño ao 19 de xullo de 2019
Poderase abrir un segundo período de inscrición, do 1 de agosto ao 16 de setembro de 2019, no caso de que non se cubran o número mínimo de prazas.
MATRICULA: Do 22 ao 31 de xullo de 2019
Se non se cubren as prazas, abrirase un segundo prazo de matrícula do 25 ao 27 de setembro de 2019.
HORARIOS:
Venres (ocasionalmente) de 17:00h a 20:30h.
Sábados (regularmente) de 9:30h a 13:30h e de 15:00h a 18:00h.
REQUISITOS DE ACCESO:
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
-Medicina, Enfermería, Fisioterapia, Terapia ocupacional, Logopedia, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Maxisterio, Traballo Social, Educación Social.
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 24/06/2019 ao 16/09/2019 tendo en conta que o día límite deberán ter achegado a totalidade da documentación requerida e que se detalla mais abaixo.
No caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicarase por mail) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.900 €, que o alumno poderá satisfacer en un ou en dous prazos:
- Pago único: Aboaránse 2.900€ do 22/07/2019 ao 31/07/2019 (admitidos en 1ª preinscrición).
- Pago aplazado: Aboaránse nun primer prazo 1.740€ do 22/07/2019 ao 31/07/2019
Aboarase nun segundo prazo 1.160€ do 15 ao 31 de xaneiro de 2020
A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
No caso de que non se cubran o número de prazas máximas ofertadas, abrirase un segundo período de matrícula do 25/09/2019 ao 27/09/2019 para as personas admitidas na 1º e na 2º preinscripción (24 de xuño ao 25 de setembro)
BOLSAS DE MATRÍCULA:
A UDC concederá un máximo de 2 bolsas de matrícula por un importe do 50% da matrícula. Unha vez concedida a bolsa, o alumno deberá efectuar un so pago de 1.450€ en concepto de matrícula, polo que se procederá a devolver o importe que ingresou de máis.
SOLICITUDE DE BOLSA:
Solicitarase xunto coa preinscrición.
A selección dos candidatos efectuarase por parte da Comisión de Coordinación Académica do Mestrado.
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos (ambos):
Para a adxudicación das bolsas a Comisión Académica ordenará as solicitudes tendo en conta a puntuación obtida de acordo ó seguinte baremo:
MODALIDADE: Presencial.
CRÉDITOS: 60
AVALIACION:
Para superar o mestrado será necesaria a asistencia ao 80% das clases totales: a realización das prácticas e a elaboración da correspondiente memoria e a realización do traballo de fin de mestrado que deberá superar a súa defensa pública. Poderase formular a entrega de traballos e casos de carácter obligatorio ou voluntario.
AULAS: Universidade da Coruña.
Nº ALUMNOS: Mínimo 18, Máximo 25.
INFORMACIÓN, PREINSCRICIÓN E MATRÍCULAS:
Fundación Universidade da Coruña (FUAC). Paseo de Ronda, 47, 2º. 15011 A Coruña
Persoa de contacto: Isabel Varela Tel: 881 014 458 E-mail: i.varelac@fuac.udc.es
Web propia www.fundacion.udc.es
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:
1- DNI, pasaporte ( para estranxeiros) ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
2- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:
3- C.V.
4- Expediente académico.
5.-Documentación da bolsa, en caso de aplicar.
Créditos: 60
Data de celebración: Do 04/10/2019 ó 11/07/2020
Data de inscrición: Do 01/08/2019 ó 16/09/2019
Data de matrícula: Do 25/09/2019 ó 27/09/2019
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 15/01/2020 ó 31/01/2020
http://masteratenciontemprana.org
Tarifa oficial: 2.900,00 €
Tarifa 1º plazo matricula: 1.740,00 €
Tarifa 2º plazo matrícula: 1.160,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: I.VARELAC@FUAC.UDC.ES
Mestrado en Desenvolvemento infantil e atención temperá