Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC- Mellor Tese

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

A Cátedra HM-UDC "Traumatoloxía do Deporte" , impulsada polo Grupo HM Hospitales e a Universidade da Coruña, ten entre os seus obxectivos fundamentais o recoñecemento da investigación que se está desenvolvendo en Galicia no ámbito da traumatoloxía deportiva, así como a diseminación dos resultados de investigación e a transferencia do coñecemento.

 

Por iso a Cátedra HM-UDC convoca a segunda edición do premio a mellor Tese Doutoral realizada por doutores que obtivesen o seu título nunha universidade galega durante o ano 2019 en diante, mediante a realización dunha tesis doutoral nalgunha temática relacionada directamente coa Traumatoloxía do Deporte, incluindo a reeducación funcional tras unha lesión deportiva, e que supoña un avance significativo no coñecemento neste campo.

 

DIRIXIDO A 

Poderán optar ao premio todos aqueles doutores de calquera nacionalidade, que defendesen a súa tese doutoral en calquera das universidades galegas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019 e antes antes da data límite de presentación ao premio, obtendo a máxima calificación (sobresaliente cum laude).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase coa publiación das presentes bases e rematará o 30 de setembro de 2020 as 24:00 h.

 

Datas

Data de celebración: Do 22/06/2020 ó 30/09/2020
Data de inscrición: Do 22/06/2020 ó 30/09/2020

Web oficial

https://www.fundacion.udc.es/catedra-hm-udc/

Documentación anexa

Descargar documento

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: I.VARELAC@FUAC.UDC.ES

Comparte esta información

Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC- Mellor Tese

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 22/06/2020 ó 30/09/2020
Horario:
Lugar: A Coruña