Curso de Formación Específica de Posgrao en Avances en Prevención e Readaptación de Lesións e Innovación en Recuperación de Fatiga

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Edición dun posgrao destiado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer os AVANCES EN PREVENCIÓN E READAPTACIÓN DE LESIÓNS E INNOVACIÓN EN RECUPERACIÓN DE FATIGA.

 

Este posgrao é un curso derivado do Curso de Especialización en Avances e Innovación en Adestramento de Futbol e dos Deportes de Equipo.

 

 

INFORMACIÓN

 

  • Data de impartición: Desde o día 10 de xaneiro ao 31 de agosto de 2019.
  • Lugar: Facultade de Ciencias da Actividade Física e o Deporte. Oleiros. A Coruña.
  • Modalidade: mixta.
  • Horarios presenciais: Dun a dous fins de semana entre marzo e xuño / Dous ou tres días intensivos durante o mes de xuño.

Requírese esta información para saber a preferencia dos alumnos no momento da preinscrición.

  • Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia, participación en clase, traballos e cuestionarios que se planteen a través da plataforma web. É obrigatoria a presentación dun traballo de fin de curso.
  • Nº alumnos: mínimo 5 - máximo 10.
  • Preincripción e matrícula:
    • Data de preinscrición: Do 16 de agosto ao 15 de decembro 2018.
    • Data de matrícula: Do 10 de decembro a 22 de decembro do 2018.

 

 

REQUISITOS DE ACCESO

 

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  3. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

 

1. Baremo do Curriculum Vitae (85%)​​​

1.1. Formación académica (65% do CV): Como perfís de acceso preferente establécense os seguintes.

1.1.1. NOTA MEDIA X1: Da licenciatura ou grao en educación física e da licenciatura ou grao en cicencias da actividade fisica e do deporte.

1.1.2. NOTA MEDIA X 0,5: Doutra licenciatura ou grao, e dos expedientes de licenciatura ou de grao e dos estudos oficiais de titulos de grao medio ou superior (Lei orgánica 8/2013) en Fútbol, Baloncesto, Balonmán, Hockey, Rugby, Voleibol ou outro.

 

1.2. Experiencia deportiva profesional (15% CV): Só se considerá aquela experiencia profesional directamente relacionada co adestramento deportivo de competición en Fútbol, Baloncesto, Balonmán, Hockey, Rugby ou Voleibol. Valoraranse diversos aspectos como posto, responsabilidades, funcións, desempeños e duración da actividade desenvolvida.

 

1.3.Outros méritos (5% do CV): Consideraranse outros méritos relacionados co curso tales como premios, cursos de formación, masters.

 

2. Carta con Declaración de Intereses (15%)

Motivacións do estudante e posibles informes de referencia das súas institucións, entidades ou clubs de orixe.

En todo caso terase en conta as necesidades educativas especiais de estudantes derivadas de discapacidade.

 

 

PREINSCRIPCIÓN

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 16 de agosto ao 15 de decembro de 2018, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

En caso de solicitar bolsa, se realizará todo el proceso de documentación en el momento de realizar la preinscripción, ajuntando la documentación acreditativa que sea solicitada.

 

MATRÍCULA

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 420 euros, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos:

  • Pago único: Abonaranse 420 euros coa confirmación da inscrición.
  • Pago aprazado: Abonaranse nun primeiro prazo 252 euros (60%) coa confirmación da inscrición. Abonaranse nun segundo prazo de 168 euros (40%) antes do 5 de xuño de 2019.

 

A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno no momento de realizar a matrícula deberá efectuar un só pago de 210 euros en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.

 

SOLICITUDE DE BOLSA: No caso de estar aprobadas na memoria de implantación do curso.

 

Existe unha bolsa do 50% da matrícula, que se poderán solicitar desde o día 16 de agosto ata o día 15 de decembro de 2018.

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran, como mínimo, dúas dos seguintes requisitos:
  • Currículo Vitae vinculado ao ámbito do rendemento deportivo en deportes de equipo.
  • Algunha das seguintes situacións socioeconómicas (renda per capita anual familiar inferior a 9.000 euros, familia numerosa, discapacidade, desemprego).
  • Alumno ou antigo alumno da UDC ou do Centro de Formación de Técnicos do Real Club Deportivo da Coruña.

 

Os alumnos que soliciten bolsa deberán presentar documento que acredite a súa nota media de acordo co R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningunha solicitude de bolsa que non conteña expresamente este dato.

Para outorgar a bolsa de axuda, seleccionaranse, de entre os que cumpran todos os requisitos, ao alumno con mellor nota media no seu expediente académico. De non presentarse ningunha solicitude de bolsa que cumpra os tres requisitos seleccionarase ao alumno con mellor nota media no seu expediente que cumpra dous dos requisitos.

 

 

MÓDULOS DO CURSO

 

  • MOD 1. Avances en prevención de lesións 2,00 ECTS.
  • MOD 2. Avances en readaptación postlesional 3,00 ECTS.
  • MOD 3. Innovación na recuperación da fatiga: 1,00 ECTS.

 

Máis informacion. Descargar documentacion adxunta

 

 
 
 
 

Documentación a achegar

Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición:

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas as caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas as caras, legible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU.  
  3. C.V.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  5. Documentación da bolsa, en caso de aplicar.

Créditos

Créditos: 6

Datas

Data de celebración: Do 10/01/2019 ó 31/08/2019
Data de inscrición: Do 16/08/2018 ó 11/01/2019
Data de matrícula: Do 10/12/2018 ó 06/06/2019

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa Matrícula: 420,00
Tarifa Primer plazo matrícula: 252,00
Tarifa Segundo plazo matrícula: 168,00
Tarifa Matrícula con bolsa: 210,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Curso de Formación Específica de Posgrao en Avances en Prevención e Readaptación de Lesións e Innovación en Recuperación de Fatiga

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 10/01/2019 ó 31/08/2019
Horario:
Lugar: Facultad de Ciencias Actividad Física y Deporte