Prazo de inscrición pechado.
Prazo de matrícula pechado.
Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer os AVANCES EN ADESTRAMENTO NEUROMUSCULAR, BIOENERXETICO E PSICOLOXICO EN FUTBOL E DEPORTES DE EQUIPO.
Este posgrao é un curso derivado do Curso de Especialización en Avances e Innovación en Adestramento de Futbol e dos Deportes de Equipo.
INFORMACIÓN
Requírese esta información para saber a preferencia dos alumnos.
REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán os seguintes:
1. Baremo do Curriculum Vitae (85%)
1.1. Formación académica (65% do CV): Como perfís de acceso preferente establécense os seguintes.
1.1.1. NOTA MEDIA X1: Da licenciatura ou grao en educación física e da licenciatura ou grao en cicencias da actividade fisica e do deporte.
1.1.2. NOTA MEDIA X 0,5: Doutra licenciatura ou grao, e dos expedientes de licenciatura ou de grao e dos estudos oficiais de titulos de grao medio ou superior (Lei orgánica 8/2013) en Fútbol, Baloncesto, Balonmán, Hockey, Rugby, Voleibol ou outro.
1.2. Experiencia deportiva profesional (15% CV): Só se considerá aquela experiencia profesional directamente relacionada co adestramento deportivo de competición en Fútbol, Baloncesto, Balonmán, Hockey, Rugby ou Voleibol. Valoraranse diversos aspectos como posto, responsabilidades, funcións, desempeños e duración da actividade desenvolvida.
1.3. Outros méritos (5% do CV): Consideraranse outros méritos relacionados co curso tales como premios, cursos de formación, masters.
2. Carta con Declaración de Intereses (15%)
Motivacións do estudante e posibles informes de referencia das súas institucións, entidades ou clubs de orixe.
En todo caso terase en conta as necesidades educativas especiais de estudantes derivadas de discapacidade.
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 15 de agosto ao 15 de outubro de 2018, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.
En caso de solicitar bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, ajuntando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 700 euros, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos:
Abonaranse nun segundo prazo de 280 euros (40%) antes do 5 de xuño de 2019.
O ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula
Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno no momento de realizar a matrícula deberá efectuar un só pago de 350 euros en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.
SOLICITUDE DE BOLSA: No caso de estar aprobadas na memoria de implantación do curso.
Existe unha bolsa do 50% da matrícula, que se poderán solicitar desde o día 19 de outubro ata o día 15 de novembro de 2018.
Os alumnos que soliciten bolsa deberán presentar documento que acredite a súa nota media de acordo co R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningunha solicitude de bolsa que non conteña expresamente este dato.
Para outorgar a bolsa de axuda, seleccionaranse, de entre os que cumpran todos os requisitos, ao alumno con mellor nota media no seu expediente académico. De non presentarse ningunha solicitude de bolsa que cumpra os tres requisitos seleccionarase ao alumno con mellor nota media no seu expediente que cumpra dous dos requisitos.
MÓDULOS DO CURSO
Máis informacion. Descargar documentacion anexa
Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición:
Créditos: 10
Data de celebración: Do 10/01/2019 ó 31/08/2019
Data de inscrición: Do 16/08/2018 ó 11/01/2019
Data de matrícula: Do 22/11/2018 ó 11/01/2019
Tarifa Matrícula: 700,00 €
Tarifa Primer plazo matrícula: 420,00 €
Tarifa Segundo plazo matrícula: 280,00 €
Tarifa Matrícula con bolsa: 350,00 €
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: sisanchez@col.udc.es
Curso de Formación Específica de Posgrao en Avances en Adestramento Neuromuscular, Bioenerxético e Psicolóxico en Fútbol e Deportes de Equipo