C.E. en Cumprimento Legal e Privacidade

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Baixo o nome de compliance ou cumprimento legal, nos últimos anos configuráronse unha serie de prácticas, mecanismos e procedementos que converxeron na necesidade de que as empresas adopten uns sistemas de control e prevención tendentes a minimizar os riscos de sancións, perdas patrimoniais ou de reputación e, en última instancia, ata conxurar a posible responsabilidade penal das mesmas.

 

Xunto ao cumprimento legal, o adecuado tratamento dos datos persoais preséntase como un dos principais desafíos actuais para empresas e administracións públicas. 

 

O Curso de Especialización en Cumprimento Legal e Privacidade ofrece unha sólida formación en ambos aspectos, conformándose así como unha oportunidade formativa de singular interese para empresas, Administracións e profesionais interesados en adquirir unha formación especializada e de calidade nestas materias.

 

O profesorado do curso combina a presenza de especialistas académicos con profesionais do Dereito e de empresas do eido tecnolóxico, garantindo unha perspectiva completa, teórica e práctica, das importantes cuestións que aborda este curso.

 

INFORMACIÓN:

Datas de impartición: Do 1 de marzo de 2019 ó 21 de xuño de 2019.

Lugar:  venres: Aulas primeira planta da facultade de Dereito da UDC e sábados na sede do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña

Créditos:25

Modalidade: presencial

Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun traballo fin de curso.

Número de alumnos: mínino 15; máximo 30

Preinscrición: Do 17 de decembro do 2018 ó 22 de febreiro do 2019

Matricula: Do 25 de febreiro do 2019 ó 28 de febreiro do 2019

Horarios: veres pola tarde e sábados pola mañán

 

REQUISITOS DE ACCESO:

 

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

 

  1. Ser titulado universitario.
  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral. logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  4. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo
  5. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

 Os criterios específicos serán os seguintes:

 

  1. Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria en: 1. Dereito; 2. Informática
  2. Currículo profesional vinculado a asesoría xurídica ou protección de datos.

 

PREINSCRICIÓN:

 

 Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 17 de decembro do 2018 ó 22 de febreiro do 2019 tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

 

Caso solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, ajuntando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

 

  1. DNI, pasaporte ou cartón de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas as caras e que se vexa completo
  2. Título de acceso escaneado por ambas as caras, legible, asinado e que se vexa completo:Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, cartón de PAAU.
  3. C.V.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado
  5. Documentación da bolsa, en caso de aplicar.

 

 

 

MATRICULA:

 

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula.A matrícula ten un custo de 1560 €, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos:

 

 Pago único: Abonaranse 1.560 € do  25 de febreiro ó 28 de febreiro do 2019

 

 Pago aprazado: Abonaranse nun primeiro prazo: 780€ do 25 de febreiro ó 28 de febreiro do 2019           

                              Abonaranse nun segundo prazo 780€ do 11 de marzo ó 22 de marzo do 2019

 

 (A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula)

 

BOLSA MATRÍCULA:

 Unha vez aceptada a solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un só pago de 780€ en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.

 

SOLICITUDE DE BOLSA:

 Existen 2 bolsas da metade da matrícula, que se poderán solicitar do 17 de decembro ó 22 de febreiro:

 

 Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran os seguintes requisitos :

 - Que poidan acreditar co expediente académico do título con que accede ao posgrao unha nota media de 8,5 ou superior, calculada conforme ao R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.

Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse os mellores expedientes académicos

Documentación a achegar

Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición:

 

  1. DNI, pasaporte ou cartón de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas as caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas as caras, legible, asinado e que se vexa completo.Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, cartón de PAAU.
  3.  Currículo Vitae.
  4.  Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  5. Documentacion da bolsa, en caso de solicitala.

 

 

 Documentación a achegar para a solicitude de bolsa.

 

Expediente academico que inclúa a nota media calculada conforme ao R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.

Créditos

Créditos: 25

Datas

Data de celebración: Do 01/03/2019 ó 21/06/2019
Data de inscrición: Do 17/12/2018 ó 06/03/2019
Data de matrícula: Do 25/02/2019 ó 06/03/2019
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 11/03/2019 ó 22/03/2019

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa Matrícula completa: 1.560,00
Tarifa primer plazo matricula: 780,00
Tarifa segundo plazo matricula: 780,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

C.E. en Cumprimento Legal e Privacidade

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 01/03/2019 ó 21/06/2019
Horario: viernes por la tarde y sábados por la mañana
Lugar: Facultad Derecho- Campus Elviña A Coruña