Formación

Mestrado en Comunicación Deportiva

Inscripción

Solicitar inscripción

Matrícula

Reserva de plaza (10%) 550,00  €

Información xeral do curso

IV Edición do Mestrado en Comunicación Deportiva destinado a profesionais, licenciados e estudantes aos que lles proporcionará a adquisición de coñecementos no ámbito da comunicación deportiva, claves na organización e estructura das institucións, atendendo aos diversos soportes: prensa escrita, radio, televisión e medios dixitais.

 

O programa formará aos alumnos en planificación deportiva, xestión económica e ordenación xurídica. Os coñecementos adquiridos no mestrado permitirán a consecución dunha vantaxe competitiva aos alumnos, permitindo a aplicación inmediata dos mesmos no desenvolvemento da súa carreira profesional, atendendo á naturaleza práctica desenvolvida durante o mestrado.

 

 

INFORMACIÓN

 

  • Datas de impartición: Do 26 de outubro de 2018 ao 29 de xuño de 2019.

  • Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus de Elviña. A Coruña.

  • Horario: Venres de 16:00h a 21:00h e Sábados de 09:00h a 14:00h.

  • Número de alumnos: mínimo 10, máximo 25.

  • Créditos: 60 ECTS.

  • Modalidade: Presencial.

  • Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación na clase. É obligatoria a presentación dun Proxecto fin de Mestrado/Tesina.

  • Preinscrición e matrícula:

    • Data de preinscrición: Do 15 de xullo de 2018 ao 12 de outubro de 2018.
    • Data de matrícula: 10 días posteriores á aceptación.

 

 

REQUISITOS DE ACCESO

 

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións universitarias de dous ciclos.
  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  4. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.

 

 

PREINSCRICIÓN

 

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 15 de xullo ao 12 de outubro de 2018, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

En caso de solicitar bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que lle sexa solicitada.

 

 

MATRÍCULA

 

Tras o proceso de preinscrición e a realización dunha estrevista persoal, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 5.500 euros, que o alumno poderá satisfacer nun ou dous prazos. Tendo que achegar unha reserva de praza do 10% do importe total do curso. O pago da matrícula farase os 10 días posteriores á aceptación.

 

Forma de pago:

 

  • Pago único: Abonaranse o 90% restante antes do 26 de outubro.

 

  • Pago aprazado: Abonaranse nun primeiro prazo o 45% antes do 26 de outubro.

        Abonaranse nun segundo prazo o 45% na primeira semana de xaneiro.

 

A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

 

SOLICITUDE DE BOLSA

 

Existen dúas bolsas do 50% da matrícula por importe de 2.750 euros e unha bolsa do 100% da matrícula. Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, no caso do 50%, o alumno deberá efectuar un só pago en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo. Ditas bolsas poderanse solicitar do 15 de xullo de 2018 ao 12 de outubro de 2018.

 

Para a concesión das bolsas atenderase aos seguintes criterios:

  • De renda.
  • Académicos.

 

Os solicitantes que aleguen unha disminución drástica dos ingresos da unidade familiar ou unha mala situación económica, creada ou sobrevinda e sempre que o Comité de Avaliación considere xustificada. 

Toda a documentación a achegar no momento da preinscrición detállase máis abaixo.

Documentación a achegar

Documentación obligatoria a achegar:

 

  1. DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambar caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, legible, asinado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividad, tarxeta de PAAU.
  3. Currículo Vitae.
  4. Títulos correspondentes a recoñecementos de nivel de idiomas, se se dispuxese deles.
  5. Documentación de la bolsa, en caso de aplicar.

 

 

 

Documentación a aportar en caso de solicitude de bolsa:

 

Para a obtención de bolsa, atenderase á valoración dos seguintes criterios da unidade familiar (total ou parcial):

a) Situación legal de desemprego.

b) Separación ou divorcios de feito ou de dereito / Familias monoparentais.

c) Discapacidades ou minusvalías.

d) Enfermidades graves.

e) Pensionistas.

f) Consecuencias sociais que afecten negativamente á situación económica.

g) Historial de bolsas concedidas con anterioridade.

h) Estudantes estranxeiros.

 

Deberase achegar ademáis:

- Expediente académico completo.

- Declaración da renda.

- Carta de motivación.

 

Datas

Data de celebración: Do 26/10/2018 ó 29/06/2019
Data de inscripción: Do 15/07/2018 ó 12/10/2018
Data de matrícula: Do 15/07/2018 ó 22/10/2018

Web oficial

https://mastercomunicaciondeportivaudc.wordpress.com/

Importes

Tarifa Reserva de plaza (10%): 550,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4458
Enderezo electrónico: sisanchez@col.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en Comunicación Deportiva

  Datos do curso
Data: Do 26/10/2018 ó 29/06/2019
Horario: Viernes de 16:00h a 21:00h y Sábado de 09:00h a 14:00h
Lugar: Facultad de Ciencias de la Comunicación
Solicitar inscripción