Inscrición
Prazo de inscrición pechado.
Matrícula
Prazo de matrícula pechado.
Información xeral
Edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer o traballo en Cooperación e Educación para o Desenvolvemento.
INFORMACIÓN
- Data de impartición: Do día 4 de outubro ao día 30 de novembro de 2018.
- Lugar: Aula nº 11 da Facultade de Dereito. Campus de Elviña. A Coruña.
- Horario: Xoves e Venres 16:00h a 20:30h.
- Número de alumnos: mínimo 5, máximo 30.
- Créditos: 6 ECTS.
- Modalidade: Presencial.
- Preinscrición e matrícula:
- Data de preinscrición: Do 1 ao 20 de setembro de 2018.
- Data de matrícula: Do 25 ao 28 de setembro de 2018.
REQUISITOS DE ACCESO
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
- Ser titulado universitario.
- Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
- Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
- Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan o número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo á súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán os seguintes:
- Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria da UDC, o PDI e o PAS.
- Currículum profesional vinculado ao sector das ONGD ou entidades sen ánimo de lucro.
- Realizar previamente outros cursos de cooperación ou educación para o desenvolvemento.
- Valoraranse outras circunstancias e intereses personais tales como o expediente académico ou unha entrevista personal (opcional).
PREINSCRICIÓN
Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 1 ao 20 de setembro de 2018, tendo en conta que o día límite deberán achegar a totalidade da documentación requerida e que se detalla máis abaixo.
MATRÍCULA
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 50 euros, que o alumno poderá satisfacer nun único prazo. Polo que se poderá aboar os 50 euros dende o día 25 ao día 28 de setembro de 2018.
A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.
Documentación a achegar
Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición.
- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambar caras e que se vexa completo.
- Título de acceso escaneado por ambas caras, legible, asinado e qye se vexa completo:
- Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividad, tarxeta de PAAU.
- Currículo Viate.
- Certificados da formación previa realizada e relacionada coa materia do posgrao.
- Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
Datas
Data de celebración: Do 04/10/2018 ó 30/11/2018
Data de inscrición: Do 01/09/2018 ó 20/09/2018
Data de matrícula: Do 25/09/2018 ó 01/10/2018
Importes
Tarifa oficial: 50,00 €
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881 01 4458
Enderezo electrónico: sisanchez@col.udc.es
Comparte esta información