Formación

Curso de Especialización en Didáctica Escolar da Teoloxía Católica

Inscripción

Solicitar inscripción

Matrícula

Pendente de apertura o prazo de matrícula

Información xeral do curso

Nova edición do curso de especialización en Didáctica Escolar da Teoloxía Católica, o cal está destinado a profesionais, licenciados e estudantes que queiran coñecer as ferramentas e criterios necesarios para comprender as novas situaciones derivadas da interculturalidade e inter-relixiosidade existentes nas aulas de aprendizaxe e aplicar as estratexias educativas pertinentes.

 

 

INFORMACIÓN DO CURSO

 

  • Datas de impartición: Do día 1 de outubro de 2018 ao 30 de maio de 2019.

 

  • Lugar: Facultade de Ciencias da Educación. Campus de Elviña, s/n. 15071.

 

  • Horario: Luns e xoves pola tarde de 16:30h a 20:30h.

 

  • Número de alumnos: Mínimo 30, máximo 50.

 

  • Créditos: 33 ECTS.

 

  • Modalidade: Presencial.

 

  • Preinscrición e matrícula:
    • Data de preinscrición: Do 01 de agosto ao 12 de setembro de 2018.
    • Data de matrícula: Do 20 ao 27 de setembro de 2018.

 

REQUISITOS DE ACCESO

 

Poderán ser admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
  3. Acreditar ter superado 180 créditos dos estudos universitarios de grado cando nestes estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grado. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución rectoral, tras l solicitude individual e razonada da persona interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  4. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudios universitarios.

 

En caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán:

  1. Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria en Educación Infantil e/ou Primaria.
  2. Expediente académico.
  3. Alumnos/as de 4º curso de Grado en Educación Infantil ou Primaria que cursaran ou estén a cursar a materia Relixión, cultura e valores.

 

Nota: Para obter o título da DECA na Conferencia Episcopal de Madrid, entre outros requisitos, é necesario ter cursado a materia: Relixión, cultura e valores.

 

 

PREINSCRICIÓN

 

Os alumnos interesados deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 1 de agosto de 2018 ao 12 de setembro de 2018 tendo en conta que o día límite deberán achegar a totalidade da documentación requerida que se detalla mais abaixo.

 

 

MATRÍCULA

 

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de  800 euros, que o alumno poderá satisfacer nun único prazo, o cal se abonaráe do  20 ao 27 de setembro de 2018.

 

O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

 

SOLICITUDE DE BECA

  • Existe 1 beca por cada 10 solicitantes (ata un máximo de 5 en total) do 50% da matrícula. Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos:Que poidan acreditar co expediente académico do título con que acceden ao posgrado unha nota media alta (en base 10) modificado polo R.D. 1267/94 y por el R.D. 1125/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que no conteña expresamente ese dato.
    • Ao cumprimentar a preinscrición, o alumno interesado en obter bolsa de axuda deberá achegar a documentación requerida para a solicitude da bolsa.

 

Inicialmente pagarase a matrícula completa, e posteriormente adxudicaranse as bolsas, procedendo á devolución do importe da mesma aos adxudicatarios.

 

Documentación a achegar

Documentación a achegar xunto co boletín de preinscrición:

 

  1. DNI,  pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa ao completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, firmado e que se vexa completo:
    • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico personal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU. 
  3. C.V.
  4. Documentación da beca, en caso de solicitala.

 

 

Documentación a achegar en caso de solicitar beca:

 

Expediente académico do título co que acceden ao postgrado cunha nota media alta (en base 10) modificado polo R.D. 1267/94 e polo R.D. 1125/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional.

Créditos

Créditos do curso: 33

Datas

Data de celebración: Do 01/10/2018 ó 30/05/2019
Data de inscripción: Do 01/08/2018 ó 12/09/2018
Data de matrícula: Do 20/09/2018 ó 27/09/2018

Importes

Tarifa oficial: 800,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 01 4458
Enderezo electrónico: sisanchez@col.udc.es

Comparte esta información

Curso de Especialización en Didáctica Escolar da Teoloxía Católica

  Datos do curso
Data: Do 01/10/2018 ó 30/05/2019
Horario: Lunes y Jueves de 16:30h a 20:30h
Lugar: Facultad de Ciencias de la Educación
Matrícula: 800,00 €
Solicitar inscripción