Formación

Mestrado en Enxeñería de Estruturas e Materiais Aeroespaciais

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

A industria aeroespacial está a experimentar un crecente desenvolvemento en Galicia pola expansión das empresas existentes, as iniciativas de clústers empresariais e as actuacións da administración autonómica en favor deste sector industrial, proporcionando emprego de alta calidade e elevado compoñente tecnolóxico. Por iso, é moi importante contar con titulados universitarios que posúan as capacidades requiridas polas empresas galegas.

 

O obxectivo do mestrado é dotar aos alumnos dos coñecementos máis actuais nos materiais avanzados utilizados en vehículos aeronáuticos ou espaciais, tamén no modelado dixital, análise estrcutural e optimización de estruturas aeroespaciais. Todo iso no contexto do estado actual destes medios de transporte, de industria e da súa evolución probable.

 

A docencia práctica do MIEMA leva a cabo cos códigos máis modernos de software de enxeñería e realizando ensaios aerodinámicos de modelos reducidos de perfís alares no túnel de vento da Universidade da Coruña.

 

INFORMACIÓN

 

  • Comezo do curso: Día 29 de outubro de 2018.
  • Lugar: ETS de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da UDC.
  • Horario: De Luns a Venres de 18:00 h a 21:00 h (orientativo).
  • Duración do período docente: 24 semanas.
  • Data entrega Proxecto Fin de Máster: 14 de setembro de 2019.
  • Modalidade: Presencial.
  • Créditos: 60 ECTS.
  • Número de alumnos: Mínimo 13, Máximo 40.
  • Avaliación: Avaliación a través de traballos e exames. É obrigatoria a presentación de Traballo Fin de Mestrado.
  • Preinscrición e matrícula:

- Preinscrición: Do 2 de xullo ao 26 de outubro de 2018.

- Matrícula: Do 3 de setembro ao 26 de outubro de 2018.

 

 

REQUISITOS DE ACCESO

 

Para acceder ao mestrado os estudantes deberán reunir, polo menos, un dos seguintes requisitos:

  1. Ser titulado universitario de ciclo curto ou longo.
  2. Ter un título de grao.
  3. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  4. Acreditar superar 180 créditos dos estudos de grao cando nestes estivese comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, tras a solicitude individual e razoada da persoa interesada e dun informe vinculante do Consello de Goberno que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano.
  5. Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou segundo ciclo.
  6. Tamén poderán acceder ao mestrado as persoas con títulos superiores estranxeiros similares aos indicados anteriormente sen necesidade de homologación, aínda que será necesario obter unha autorización reitoral de acordo co artigo 11 do Regulamento de Estudos Propios de Posgrao da UDC.

 

 

Condicións de acceso específicas

 

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

 

   1. Ser titulado ou cursar estudos universitario en:

- Titulacións previas ao marco de Bolonia: Enxeñería Aeronáutica, Enxeñería de Camiños, Canles e Portos, Enxeñería Naval e Enxeñería Industrial Mecánica e de Organización Industrial.

- Titulacións actuais: Graos de Enxeñería Aeroespacial, de Enxeñería de Obras Públicas, Tecnoloxías da Enxeñería Civil, Construción, Enxeñería Naval, Enxeñería Mecánica e Tecnoloxías Industriais e Organización industrial.

 

Posto que o mapa actual de titulacións é moi extenso e imposible de enumerar, exponse ademais que os enxeñeiros previos ao actual marco de Bolonia ou os actuais graduados en enxeñería e outras titulacións que acrediten coñecementos nas seguintes materias: álxebra, análise matemática, expresión gráfica, mecánica (estática, cinemática e dinámica), resistencia de materiais e cálculo de estruturas, poidan tamén acceder ao máster.

 

No caso de que o número de solicitudes válidas supere as 40 prazas máximas ofertadas aplicaranse os seguintes criterios de forma secuencial:

  1. Darase prioridade ás titulacións de licenciatura, enxeñería superior ou máster sobre as titulacións de diplomatura ou graduado.
  2. Darase prioridade aos solicitantes con maior nota media na titulación cursada.

 

 

PREINSCRICIÓN

 

Os alumnos interesados en cursar o mestrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 2 de xullo de 2018 ao 26 de outubro de 2018, tendo en conta que o día límite deberá achegar a totalidade da documentación requirida, que se detalla máis abaixo, xunto co Boletín de Preinscrición.

 

A ligazón de preinscrición estará dispoñible a partir do 02 de xullo de 2018.

 

 

MATRÍCULA

 

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (comunicaráselle por correo) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula que ten un custo de 3.800 euros, o cal o alumno deberá satisfacer nun único prazo.

 

 

SOLICITUDE DE BOLSA

 

Segundo regulamentación da UDC concederanse bolsas de matrícula para o 10% dos alumnos. Adicionalmente existirá unha bolsa patrocinada por GAIN.

En ambos os casos a contía será do 50% da matrícula e poderanse solicitar do 2 de xullo de 2018 ao26 de outubro de 2018, achegando a documentación requirida no momento da preinscrición.

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula todos os alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición.

 

Os criterios para a concesión das bolsas serán:

  1. Expediente académico (entre 1 e 10 puntos).
  2. Experiencia profesional relacionada cos ensinos do mestrado (entre 0 e 10 puntos, considerándose 2 puntos por cada ano de experiencia profesional relacionada, cun máximo de 10 puntos).

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NA PREINSCRICIÓN

 

  1. DNI, pasaporte ou cartón de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas as caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas as caras, legible, asinado e que se vexa completo.
  3. C.V.
  4. Carta dirixida á dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.

 

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR EN CASO DE SOLICITAR BOLSA

- Expediente académico (da titulación coa que se accede) con puntuación entre 1 e 10 puntos.

- A experiencia profesional acreditarase na Carta Dirixida á Dirección Académica que se achega na preinscrición.

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 29/10/2018 ó 14/09/2019
Data de inscripción: Do 02/07/2018 ó 26/10/2018
Data de matrícula: Do 03/09/2018 ó 26/10/2018

Web oficial

http://miema.es/

Importes

Tarifa oficial: 3.800,00
Tarifa con bolsa: 1.900,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: sisanchez@col.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en Enxeñería de Estruturas e Materiais Aeroespaciais

  Datos
Data: Do 29/10/2018 ó 14/09/2019
Horario: De Lunes a Viernes de 18:00h a 21:00h
Lugar: ETS de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos
Matrícula: 3.800,00 €