Mestrado en Desenvolvemento infantil e atención temperá

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

MATRÍCULA COFINANCIADA POLA XUNTA DE GALICIA

 

CALENDARIO ACADÉMICO   (pincha aquí)

 

 

 

28 de Setembro - 17.00 horas - Salón de Grados - Facultade de Ciencias da Educación - Campus de Elviña

Sesión informativa en relación co desenrolo do Mestrado, plataformas de acceso á información, procedementos de evaluación, prácticas, tutorización,...

 

                                                  

Edición dun postgrado destinado a titulados universitarios que queiran obter unha formación interdisciplinaria orientada a proporcionar as competencias básicas para realizar as tarefas propias do especialista en Atención Temperá.

Basease nunha perspectiva integral e biopsicosocial, centrada na actividade ubicada e na relación entre o neno/a e os seus contextos de vida, incluíndo á familia, á escola e á comunidade.

É un título propio da unidade da UDC.

 

DATAS DE IMPARTICIÓN:  Do 5 de outubro de 2018 ao 13 de xullo de 2019

 

PREINSCRICIÓN:  Do 11 de xuño ao 9 de xullo de 2018

aberto un segundo período de  preinscrición, do 1 de agosto ao 25 de setembro de 2018.

 

MATRICULA:  Do 18 ao 31 de xullo de 2018

Se non se cubren as prazas, abrirase un segundo prazo de matrícula do 2 de outubro ao 4 de outubro de 2018.

 

HORARIOS:  

Venres (ocasionalmente) de 17:00h a 20:30h.

Sábados (regularmente) de 9:30h a 13:30h y de 15:00h a 18:00h.

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ter unha titulación de grado, diplomatura e/ou licenciatura, de entre as seguintes:

-Medicina, Enfermería, Fisioterapia, Terapia ocupacional, Logopedia, Psicoloxía, Pedagoxía, Psicopedagoxía, Maxisterio, Traballo Social, Educación Social.

 

 PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 01/08/2018 ao 25/09/2018  tendo en conta que o día límite deberán ter achegado a totalidade da documentación requerida e que se detalla mais abaixo.

En caso de quedar prazas libres haberá un segundo período de preinscrición dende o 01/08/2018 ao 25/09/2018.

No caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos (se lles comunicará por mail) deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.900 €, que o alumno poderá satisfacer en un ou en dous prazos:
 

- Pago único: Aboaránse 2.900€ do 18/07/2018 ao 31/07/2018 (admitidos en 1ª preinscripción).


- Pago aplazado: Aboaránse nun primer prazo  1.740€ do 18/07/2018 ao 31/07/2018

                                    Aboarase nun segundo prazo 1.160€ do 15 ao 31 de xaneiro de 2019
A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula.

 

No caso de que non se cubran o número de prazas máximas ofertadas, abrirase un segundo período de matrícula do 02/10/2018 ao 04/10/2018 para as personas admitidas na 2º preinscripción (1 de agosto ao 25 de setembro)

 

BOLSAS DE MATRÍCULA:

A UDC concederá un máximo de 4 bolsas de matrícula por un importe do 50% da matrícula. Unha vez concedida a bolsa, o alumno deberá efectuar un solo pago de 1.450€ en concepto de matrícula, polo que se procederá a devolver o importe que ingresou de mais.

A Consellería de Politica Social da Xunta de Galicia siscribiu un acordo de colaboración coa Fundación Paideia Galiza para facer posible a posta en marcha do Máster. Asimismo, concederanse bolsas por importe de 870 € a todos aqueles alumnos/as que, non habendo sido becados pola UDC, acrediten la realización e finalización do máster. Para eso, a solicitude tramitarase coa Fundacion Paideia, acompañando o diploma, título o certificado acreditativo domáster expedido pola UDC.

 

SOLICITUDE DE BOLSA:

Solicitarase xunto coa preinscrición.

A selección dos candidatos efectuarase por parte da Comisión de Coordinación Académica do Mestrado.

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos (ambos):

  • Que poidan acreditar non ter un contrato laboral indefinido.
  • Que non disfrutaran nos dous últimos anos dunha bolsa nos cursos de posgrao ofertados na UDC, por concesión da UDC ou  doutra institución coa mesma finalidade.
  • Para a adxudicación das bolsas a Comisión Académica ordenará as solicitudes tendo en conta a puntuación obtida de acordo co seguinte baremo:
    • Concederanse dous puntos por cada un dos tres últimos anos de estudos de grado nos que o alumno obtivera bolsas de convocatoria xeral  e/ou mobilidade de primeiro ou segundo ciclo do Ministerio de Educación, Cultura e deportes. Ata un maximo de 6 puntos.
    • Concederanse catro puntos en función da nota media do expediente académico do título co que accede ao posgrao, modificado polo R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e oi sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.

 

MODALIDADE:  Presencial.

 

CRÉDITOS: 60

 

AVALIACION:

Para superar o mestrado será necesaria a asistencia ao 80% das clases totales: a realización das prácticas e a elaboración da correspondiente memoria e a realización do traballo de fin de mestrado que deberá superar a súa defensa pública. Poderase formular a entrega de traballos e casos de carácter obligatorio ou voluntario.

 

AULAS:  Universidade da Coruña e en Fundación Paideia.

 

Nº ALUMNOS: Mínimo 18, Máximo 25.

 

INFORMACIÓN, PREINSCRICIÓN E MATRÍCULAS:

Fundación Universidade da Coruña (FUAC). Paseo de Ronda, 47, 2º. 15011 A Coruña

Persoa de contacto: Isabel Varela Tel: 881 014 458 E-mail: sisanchez@col.udc.es

Web propia                                                 www.fundacion.udc.es

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

1- DNI,  pasaporte ( para estranxeiros) ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
2- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:

  • Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico personal con data de depósito do título, certificado de homologación de titulacion estranxeira. (no caso de non estar homologado deberá achegar copia do titulo e certificacion dos estudios universitarios) 

3- C.V. 

4- Expediente académico.

5.-Documentación da bolsa, en caso de aplicar.

Créditos

Créditos: 60

Datas

Data de celebración: Do 05/10/2018 ó 13/07/2019
Data de inscrición: Do 01/08/2018 ó 25/09/2018
Data de matrícula: Do 02/10/2018 ó 31/01/2019
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 15/01/2019 ó 31/01/2019

Web oficial

http://masteratenciontemprana.org

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 2.900,00
Tarifa 1º plazo matricula: 1.740,00
Tarifa 2º plazo matricula: 1.160,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 88101 4458
Enderezo electrónico: sisanchez@col.udc.es

Comparte esta información

Mestrado en Desenvolvemento infantil e atención temperá

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 05/10/2018 ó 13/07/2019
Horario: Viernes de 17:00 a 20:30 y Sábados de 09:30 a 13:30 y de 15:00 a 18:00
Lugar: FUNDACION PAIDEIA Y UDC
Matrícula: 2.900,00 €