Especialización en Adestramento Canino e Introdución á Intervención Asistida con Animais

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Curso presencial na Facultade de Ciencias da Saúde da UDC, que se inicia en Xaneiro do 2017.

O interese sobre a intervención asistida con animais (IAA), vai en aumento o longo dos anos, e especialmente nos sectores das profesións socio sanitarias.

Este curso pretende dar a coñecer e capacitar aos titulados e profesionais neste ámbito, sobre as bases do adestramento canino e a intervención asistida con animais e informarlles sobre a implementación destas técnicas tanto no ámbito local como nacional e internacional, e poidan capacitarse con éxito neste curso, co fin de que poidan realizar unha acción profesional de maior calidade.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS:

  • Coñecer os recursos e técnicas básicas no adestramento canino.
  • Proporcionar ao alumnado un coñecemento actualizado dos diferentes problemas nas intervencións asistidas con animais que se plantexan na práctica diaria.
  • Dotar ao alumnado dos coñecementos e técnicas básicas na intervención asistida con animais.
  • Proporcionar o coñecemento dos diferentes modelos, técnicas, métodos e ferramentas sobre obediencia e modificación das conductas non desexadas con cans.
  • Coñecer aspectos legais, deontolóxicos e bioéticos básicos nos cuidados con animais e nas intervencións asistidas con animais.
  • Coñecer os coidados hixiénicos aplicados aos cans.
  • Valorar a importancia da investigación e innovación nas intervencións asistidas con animais.
  • Dar a coñecer os valores e comportamentos persoais para o traballo en equipo.
  • Valorar o coñecemento científico das intervencións asistidas con animais.

 

REQUERIMENTOS DE ACCESO:

  • Graduados ou Diplomados, preferencia por este orden: en Terapia Ocupacional, Enfermería, Logopedia, Fisioterapia, Psicoloxía, Veterinaria, Medicina, Traballo Social, Educación Social
  • Profesionais sen titulación Universitaria, pero que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos Universitarios.
  • Ademáis dos requisitos indicados no Regulamento da Unidade de Estudos Propios de Posgrao:
    • a) Ser licenciado/a, arquitecto/a, enxeñeiro/a ou equivalente, ou posuír unha titulación de ciclo curto. 
    • b) Posuír un título de grao. 
    • c) Ter superados os créditos do primeiro ciclo das actuais titulacións de dous ciclos. 
    • d) Acreditar ter superados cento e oitenta créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobada por resolución reitoral, logo da solicitude individual e razoada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano. 
    • e) Posuír un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo. 
    • Excepcionalmente, poderán ser admitidos nun curso de especialización:
      • a) O estudantado das actuais titulacións universitarias de primeiro ciclo ao que non lle faltar máis de 30 créditos LRU (300 horas lectivas) para obter a titulación. Neste caso, para poder obter o título de experto ou especialista universitario, o/a estudante deberá posuír a condición de titulado/a antes de rematar o curso de especialización. 
        b) Se a especificidade do curso de especialización así o aconsellan, aqueles profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

 

 

MATRÍCULA: 1.250,00 euros nun só prazo do 22/12/2016 ao 10/01/2017

Posibilidade de pago aprazado

  • 1º prazo: 625,00€ do 22/12/2016 ao 10/01/2017
  • 2º prazo: 625,00€ do 01/05/2017 ao 30/05/2017

BOLSAS: 625,00 euros

Criterios establecidos para a concesión de bolsas (APORTAR OS TRES DOCUMENTOS)

-Expediente académico en Terapia Ocupacional  20%.

-Currículum vitae 30%.

-Traballo como voluntario nos proxectos de intervencións asistida con animais da UDC como alumno ou profesional en Terapia Ocupacional 50%.

NOTA: previamente terán que pagar a matrícula (pago único ou a prazos) e posteriormente informarase aos adxudicatarios da Bolsa.

 

Nº mínimo alumnos 12 e máximo de 20.

Créditos

Créditos: 25

Datas

Data de celebración: Do 28/01/2017 ó 27/12/2017
Data de inscrición: Do 29/11/2016 ó 28/12/2016
Data de matrícula: Do 22/12/2016 ó 16/01/2017
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 01/05/2017 ó 22/06/2017

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 1.250,00
Tarifa oficial (en varios prazos): 625,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881 014 458
Enderezo electrónico: sisanchez@correo.udc.es

Comparte esta información

Especialización en Adestramento Canino e Introdución á Intervención Asistida con Animais

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 28/01/2017 ó 27/12/2017
Horario:
Lugar: Facultade CC. Saúde da UDC
Matrícula: 1.250,00 €