Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Información xeral

Edición dun posgrao destinado a profesionais e licenciados que queiran coñecer contidos relacionados coa Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada.

 

INFORMACIÓN:

  • Preinscrición: do 8 de xullo ao 15 de setembro de 2022.
  • Matricula: do 16  ao 30 de setembro de 2022.
  • Datas de impartición:

18 ao 20 de novembro de 2022

2 ao 4 de decembro de 2022

20 ao 22 de xaneiro de 2023

24,25 e 26 de febreiro de 2023

24 ao 26 de marzo de 2023

21, 22 e 23 de abril de 2023

19 ao 21 de maio de 2023

  • Horarios​venres de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas; sábados de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas; e domingos de 9:00 a 14:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Avaliación: A asistencia a clase considerarase obrigatoria para poder realizar a avaliación. A avaliación é un requisito obrigatorio para a obtención do título de Especialista en Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada pola Universidade da Coruña. A non presentación á mesma implica a non tramitación do título, se ben expedirase un certificado de asistencia ao curso. Os contidos formativos impartidos en cada seminario, avaliaranse a través dun cuestionario realizado a través da plataforma MOODLE. A calificación final, será a media das calificacións obtidas en cada seminario. 
  • Créditos: 25
  • Aulas: Aula 1 e laboratorio de Fisioterapia Respiratoria. Facultade de Fisioterapia (Campus de Oza-15006 A Coruña).
  • Nº Alumnos: mínimo 17, máximo 20.

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poida acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Estar en posesión dun título de Graduado/Diplomado en Fisioterapia, ou título estranxeiro equivalente.  

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Orde de inscrición


PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 8 de xullo ao 15 de setembro de 2022, tendo en conta que o día límite deberá haber aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

 

Caso solicitar Bolsa, realizaráse todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

1º Estudantado en situación de desemprego debidamente acreditada

2º Expediente académico (nota media do título de egresado pola que accede aos estudos)
 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.200 €, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos:

Pago único:

Abonaranse  2.200€ do 16 ao 30 de setembro de 2022.

Pago aplazado:

Abonaranse 1.500€ do 16 ao 30 de setembro de 2022.

Abonaranse 700€ do 15 ao 22 de febreiro de 2023.

(A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula)



BOLSA MATRÍCULA:

Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un único pago de 1.100 € en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.


SOLICITUDE DE BOLSA:

Existen 2 bolsas do 50%  da matrícula, que se poderán solicitar do 16 ao 30 de setembro de 2022.

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos (ambos):

  1. Estudantado en situación de desemprego debidamente acreditada.
  2. Expediente académico (nota media do título de egresado/diplomado pola que accede aos estudos).

 

Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaránse os alumnos en situación de desemprego, e de eles, os mellores expedientes académicos.

 

Máis información: sobre módulos, contidos e profesorado pode descargalo na documentación adxunta.

 

DIRECCIÓN ACADÉMICA:

Luz González Doniz

Ana Lista Paz

Sonia Souto Camba (e-mail de contacto: sonia.souto@udc.es )

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

1- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
2- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:

  • Será un dos seguintes: copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título. 

3.-Documentación da bolsa, en caso de aplicar.

Créditos

Créditos: 25

Datas

Data de celebración: Do 18/11/2022 ó 21/05/2023
Data de inscrición: Do 08/07/2022 ó 15/09/2022

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 2.200,00
Tarifa con bolsa: 1.100,00
Tarifa Primer plazo: 1.500,00
Tarifa Segundo plazo: 700,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 18/11/2022 ó 21/05/2023
Horario: Viernes: 9:00-14:00 y de 15:30-20:30 horas; sábado: 9:00-14:00 y de 15:30-20:30 horas; domingo: 9:00-14:00 horas.
Lugar: Fac. de Fisioterapia_Campus de Oza, 15006 A Coruña
Matrícula: 2.200,00 €