Información xeral
Cuarta edición dun posgrao destinado a profesionais, licenciados e estudantes que cubre un perfil moi demandado polas empresas, onde poderás aprender a programar coa ideación, validación e comercialización dun negocio dixital na empresa.
INFORMACIÓN
- Data de impartición: Do 3 outubro de 2022 ao 28 de xullo de 2023.
- Lugar: Aula da Facultade de Economía e Empresa.
- Horario: 9:00 a 18:00h.
- Créditos: 60 ECTS.
- Modalidade: Mixta. O 90% da formación será impartida en remoto. De Luns a Xoves na empresa e Venres na Universidade da Coruña (presencial).
- Avaliación: Avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. É obrigatoria a presentación dun TFM (Traballo de Fin de Máster).
- Número de alumnos: Mínimo 20, Máximo 30.
- Preinscrición: do 01/06/2022 ao 30/07/2022. Segundo prazo de inscrción do 01/08/2022 ao 30/09/2022
- Matrícula: do 01/06/2022 ao 30/07/2022. Segundo prazo do 01/08/2022 ao 30/09/2022
REQUISITOS DE ACCESO:
Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:
- Ser titulado universitario.
- Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
- Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso deberá ser aprobada por resolución reitoral.
- Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo ou de segundo ciclo.
No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atentendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou a traxectoria profesional do alumno.
Os criterios específicos serán os seguintes:
- Terán preferencia os alumnos con titulación universitaria en: 1. Empresa (ADE, Empresariais, Económicas, Comercio e Marketing, Turismo, etc.) 2. Tecnoloxía (Informática, Telecomunicacións, Industriais, etc.) e 3. Ciencias (Matemáticas, Física, Química, etc.)
- Currículum profesional vinculado a Profesionais TIC en activo.
- Valoraránse outras circunstancias e intereses persoais tales como que sexan alumnos que teñan superados tres cursos dun Grao/Licenciatura.
PREINSCRICIÓN:
Os alumnos interesados en cursar o posgrado deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 01/06/2022 ao 30/07/2022, tendo en conta que o día límite deberá ter aportada a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo. Deberán enviar a seguinte documentación ao seguinte mail: info@campusdual.com. Segundo prazo de inscricion (sin abono de tasas) do 01/08/2022 ao 30/09/2022,
No caso de solicitar bolsa, realizaráse todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.
MATRICULA:
Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 1.650€, que o alumno deberá satisfacer nun só prazo.
Pago único: Aboaránse 3.300 € do 01/06/2022 ao 30/07/2022. Segundo prazo do 01/08/2022 ao 30/09/2022
A transferencia realizaráse á conta que lle proporcione a dirección do mestrado. Rógase indicar no concepto : << EEP - Nome e Apelidos –Ref. FOR01622>>
BOLSA MATRÍCULA:
Unha vez matriculados todos os alumnos, valoraránse as solicitudes de beca que cumpran cos requisitos establecidos. Os alumnos con becas concedidas notificaráselle por escrito e procederase a devolución do 50% da súa matrícula por un importe de 1.500€.
SOLICITUDE DE BOLSA:
Concederáselle ao 10% do número de alumnos bolsas por un importe do 50% da matrícula, que se poderán solicitar do 01/06/2022 ao 30/07/2022.
Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumpran os seguintes requisitos (ambos):
- Estar inscrito como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego Galego.
- Estar en situación social ou económica de necesidade especial.
No momento de solicitar a bolsa o alumno deberá aportar a seguinte documentación:
- Fotocopia do DNI do solicitante e dos demáis membros computables da unidade familiar.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar (certificado conxunto de convivencia da unidade familiar).
- Declaración da Renda 2020 da Unidade Familiar (Unidade Familiar: o pai e a nai (ou o titor ou persoa encargada da garda e protección do menor). Estos son os sustentadores principais da familia e a súa renda e patrimonio compútase ao 100%).
- Tarxeta de demandante de Emprego, se é o caso.
- Certificado de discapacidade do solicitante da beca, se é o caso.
Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse entre aquelas persoas que acrediten estar en situación de desemprego, as que aporten unha declaración da renda con menor ingresos.
Documentación a achegar
DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:
- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguintes: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo.
- C.V.
- Documentación da bolsa, no caso de aplicar:
- Fotocopia do DNI do solicitante e dos demais membros computables da unidade familar.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar (certificado conxunto de convivencia da unidade familiar).
- A última declaración da Renda da Unidade Familiar.
- Tarxeta de demandante de emprego, se é o caso.
- Certificado de discapacidade do solicitante da beca, se é o caso.
Créditos
Créditos: 60
Datas
Data de celebración: Do 03/10/2022 ó 28/07/2023
Web oficial
https://www.campusdual.com/master-desarrollo-software/
Soporte e máis información
Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es
Comparte esta información