Curso de especialización en Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada

Inscripción

Prazo de inscripción pechado.

Matrícula

Formalizar matrícula 2.200,00  € Formalizar matrícula con bolsa 1.100,00  € Primer plazo 1.500,00  € Segundo plazo 700,00  €

Información xeral

Edición dun posgrao destinado a profesionais e licenciados que queiran coñecer contidos relacionados coa Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada.

 

INFORMACIÓN:

  • Preinscrición: do 15 de xullo de 2021 ao 15 de setembro de 2021.
  • Matricula: do 16 de setembro de 2021 ao 30 de setembro de 2021.
  • Datas de impartición:

19 ao 21 de novembro de 2021

10 ao 12 de decembro de 2021

21 ao 23 de xaneiro de 2022

25 ao 27 de febreiro de 2022

25 ao 27 de marzo de 2022

8 ao  10 de abril de 2022

20 ao 22 de maio de 2022

  • Horarios​venres de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas; sábados de 9:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:30 horas; e domingos de 9:00 a 14:00 horas.
  • Modalidade: presencial.
  • Avaliación: A avaliación é un requisito obrigatorio para a obtención do título de Especialista en Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada pola Universidade de A Coruña. A non presentación á mesma implica a non tramitación do título, se ben expediráse un certificado de asistencia ao curso.Os contidos formativos impartidos en cada seminario, evaluaránse a través dun cuestionario realizado a través da plataforma MOODLE. A calificación final, será a media das calificacións obtidas en cada seminario. A asistencia a clase considerarase obligatoria para poder realizar a avaliación.
  • Créditos: 25
  • Aulas: Aula 1 e laboratorio de Fisioterapia Respiratoria. Facultade de Fisioterapia (Campus de Oza-15006 A Coruña).
  • Nº Alumnos: mínimo 17, máximo 20.

 

REQUISITOS DE ACCESO:

Serán admitidos os alumnos que poida acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Estar en posesión dun título de Graduado/Diplomado en Fisioterapia, ou título estranxeiro equivalente.  

 

Os criterios específicos serán os seguintes:

  1. Orde de inscrición


PREINSCRICIÓN:

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 15 de xullo ao 15 de setembro, tendo en conta que o día límite deberá haber aportado a totalidade da documentación requirida e que se detalla máis abaixo.

 

Caso solicitar Bolsa, realizaráse todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

1º Estudantado en situación de desemprego debidamente acreditada

2º Expediente académico (nota media do título de egresado pola que accede aos estudos)
 

MATRICULA:

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 2.200 €, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos:

Pago único:

Abonaránse  2.200€ do 16 de setembro ao 30 de setembro de 2021.

Pago aplazado:

Abonaránse 1.500€ do 16 de setembro ao 30 de setembro de 2021.

Abonaránse 700€ do 15 de febreiro ao 21 de febreiro de 2022.

(A ligazón de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula)



BOLSA MATRÍCULA:

Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un único pago de 1.100 € en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo.


SOLICITUDE DE BOLSA:

Existen 2 bolsas do 50%  da matrícula, que se poderán solicitar do 15 de xullo ao 16 de setembro:

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscrición, que cumplan os seguintes requisitos (ambos):

  1. Estudantado en situación de desemprego debidamente acreditada.
  2. Expediente académico (nota media do título de egresado/diplomado pola que accede aos estudos).

 

Para outorgar as bolsas de axuda, seleccionaránse os alumnos en situación de desemprego, e de eles, os mellores expedientes académicos.

 

Máis información: sobre módulos, contidos e profesorado pode descargalo na documentación adxunta.

 

DIRECCIÓN ACADÉMICA:

Luz González Doniz

Ana Lista Paz

Sonia Souto Camba (e-mail de contacto: sonia.souto@udc.es )

Documentación a achegar

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR XUNTO CO BOLETÍN DE PREINSCRICIÓN:

1- DNI, pasaporte ou tarxeta de residencia (para estranxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo
2- Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo:

  • Será un dos seguintes: copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título. 

3.-Documentación da bolsa, en caso de aplicar.

Créditos

Créditos: 25

Datas

Data de celebración: Do 19/11/2021 ó 22/05/2022
Data de inscripción: Do 15/07/2021 ó 15/09/2021
Data de matrícula: Do 16/09/2021 ó 30/09/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 15/02/2022 ó 21/02/2022

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 2.200,00
Tarifa con bolsa: 1.100,00
Tarifa Primer plazo: 1.500,00
Tarifa Segundo plazo: 700,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

Curso de especialización en Fisioterapia Cardiorrespiratoria Avanzada

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 19/11/2021 ó 22/05/2022
Horario: Viernes: 9:00-14:00 y de 15:30-20:30 horas; sábado: 9:00-14:00 y de 15:30-20:30 horas; domingo: 9:00-14:00 horas.
Lugar: Fac. de Fisioterapia_Campus de Oza, 15006 A Coruña
Matrícula: 2.200,00 €