Curso de Nutrición Básica

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

Nos últimos anos a alimentación adquiriu unha gran relevancia dentro do ámbito sanitario, xerando unha gran demanda de información rigurosa que organice a gran cantidade de datos que ao respecto circulan en todos os medios. 


O presente curso pretende achegar as bases dunha correcta nutrición, de tal forma que sirva de complemento e inicio do estudo dos fundamentos da alimentación, poñendoa en valor.

 

Obxectivos:
1.- Establecer as bases fundamentais no campo da nutrición para un correcto funcionamento do organismo.
2.- Coñecer a anatomía e fisioloxía básica do aparato dixestivo necesaria  para entender os conceptos de nutrición que se van a expoñer posteriormente
3.- Poder establecer certos criterios de selección do tipo de nutrientes en función dos requerimientos individuais.
4.- Levar a práctica ainda que sexa de maneira reducida algúns dos conceptos teóricos aprendendo a realizar sinxelos pratos.

 

Metodoloxía:
7 clases teórico-prácticas desenvolvidas da seguinte maneira:
5 clases online teóricas duns 35 minutos de duración aproximadamente, nos que se realiza a abordaxe teórica dos fundamentos básicos da nutrición.
2 video Talleres teórico-prácticos, nos que se traslada á cociña parte dos coñecementos que se expoñen nestes módulos.

 

Proba de Avaliación:
Facilitaráse xunto co material suministrado unha proba escrita tipo test para avaliar os coñecementos adquiridos, sendo necesario superar un mínimo do 60% do total de preguntas para poder acceder ao diploma acreditativo.

 

Dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse nos coñecementos fundamentais da ciencia da nutrición.

 

Información:

  • Formación Online
  • Créditos: 1,5
  • Período preinscrición e matrícula: desde el 1 de octubre de 2022*.
  • Precio do curso: 150 €

*O prazo de preinscrición e matrícula para novos alumn@s pecha temporalmente o 23/11/2023 para actualizar contido. Volverase a abrir próximamente. Os alumnos actualmente inscritos poden seguir facendo o curso con normalidade.

 

Unha vez realizada a preinscrición, indicaránse os detalles para formalizar a matrícula definitiva, tras a cal enviaráselle o material formativo á dirección de correo electrónico facilitada previamente.

 

Unha vez finalizado o curso o alumno poderá enviar o diploma tipo test e poder acceder ao diploma acreditativo.

 

PREME AQUÍ PARA VER O PROGRAMA COMPLETO

Créditos

Créditos: 1,5

Datas

Data de celebración: Do 01/10/2022 ó 31/12/2023
Data de inscrición: Do 01/10/2022 ó 23/11/2023
Data de matrícula: Do 01/10/2022 ó 23/11/2023

Web oficial

https://aulanutraceuticaudc.com/

Documentación anexa

Descargar documento

Importes

Tarifa oficial: 150,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881011171
Enderezo electrónico: belen.pazos@udc.es

Comparte esta información

Curso de Nutrición Básica

  Documentación anexa
Descargar documento
  Datos
Data: Do 01/10/2022 ó 31/12/2023
Horario: Online
Lugar: A Coruña
Matrícula: 150,00 €