C.E. en Cumprimento Legal e Privacidade

Inscrición

Prazo de inscrición pechado.

Matrícula

Prazo de matrícula pechado.

Información xeral

 

Baixo o nome de Compliance ou cumplimento legal foronse configuando nos últimos anos unha serie de prácticas, mecanismos e procedementos que converxeron na necesidade de que as empresas adopten uns sistemas de control e prevención tendentes a minimizar os riscos de sancións, pérdidas patrimoniais ou de reputación e, en última instancia, ata conxurar a posible responsabilidade penal das mesmas.

 

Xunto ao cumplimento legal, o adecuado tratamento dos datos persoais presentase como un dos principais desafios actuais para Empresas e Administracións Públicas.

 

O curso de Especialización en Cumprimento Legal e Privacidade ofrece unha sólida formación en ambos aspectos, conformándose así como unha oportunidade formativa de singular interese para empresas, Administracións e profesionais interesados en adquirir unha formación especializada e de calidade nestas materias.

 

O profesorado do curso combina a presenza de especialistas académicos con profesionais do Dereito e de empresas do ámbito tecnolóxico, garantindo unha perspectiva completa, teórica e práctica, das importantes cuestións que aborda este curso.
 

INFORMACIÓN:

 

Datas de impartición: Do 25 de febreiro de 2020 ao 17 de xuño de 2021.

Lugar: Aulas primeira planta da Facultade de Dereito da UDC (Campus de Elviña)

Créditos: 25

Modalidade: semipresencial. Unha parte significativa do curso desenvolverase online a través de Moodle e Teams.

Avaliación: avaliación continua a través da asistencia e participación en clase. Ademáis da realización de probas obxectivas das diferentes materias.

Número de alumnos: mínino 10, Máximo 25

Preinscrición: do 20 de novembro de 2020 ao 15 de febreiro de 2021.

Matrícula: do 16 de febreiro ao 25 de febreiro de 2021.

Horarios: Xoves de 16:30 a 19:00 h. O resto do contido de posgrao realizarase de maneira telemática, facilitando deste modo o seu seguemento polo alumnado, ao ofrecerlle maior flexibilidade á hora de organizar o seu tempo de traballo e estudo.

 

REQUISITOS DE ACCESO:

 

Serán admitidos os alumnos que poidan acreditar algunha das seguintes condicións:

  1. Ser titulado universitario.
  2. Ter superados os créditos do primeiro ciclo das titulacións de dous ciclos.
  3. Acreditar ter superados 180 créditos dos estudos de grao cando nestes créditos estivera comprendida a totalidade dos contidos formativos comúns do título de grao. Neste caso, a admisión deberá ser aprobaa por resolución rectoral, logo da solicitude individual e razonada da persoa interesada e do informe vinculante do Consello de Goberno, que poderá delegar esta competencia de informe noutro órgano. 
  4. Posuir un título propio da UDC de primeiro ciclo e de segundo ciclo.
  5. Profesionais sen titulación universitaria que reúnan os requisitos legais para poder cursar estudos universitarios.

 

No caso de que as solicitudes de matrícula excedan ao número máximo de alumnos previsto, o criterio de selección farase atendendo a súa vinculación aos estudos relacionados coa temática do curso ou á traxectoria profesional do alumno.

 

Os criterios específicos serán os seguintes: 

  1. Terán preferencia os alumnso con titulación universitaria en: 1. Dereito; 2.Informática.
  2. Currículum profesional vinculado a asesoría jurídica ou protección de datos.

 

PREINSCRICIÓN:

 

Os alumnos interesados en cursar o posgrao deberán preinscribirse (sen abono de taxas) do 20 de novembro de 2020 ao 15 de febreiro de 2021, tendo en conta que o día límite deberá ter aportado a totalidade da documentación requerida e que se detalla maís abaixo.

 

No caso de solicitar Bolsa, realizarase todo o proceso de documentación no momento de realizar a preinscrición, adxuntando a preinscrición, achegando a documentación acreditativa que sexa solicitada.

 

MATRICULA:

 

Tras o proceso de preinscrición, os alumnos admitidos deberán proceder ao abono das taxas de matrícula. A matrícula ten un custo de 1.560€, que o alumno poderá satisfacer en un ou dous prazos.

Pago único: Abonaránse 1.560€ do 16 de febreiro ao 25 de febreiro de 2021.


Pago aprazado: Abonaránse nun primeiro prazo: 780€ do 16 de febreiro ao 25 de febreiro de 2021.

                          Abonaránse nun segundo prazo 780€ do 20 de abril ao 20 de maio de 2021.

 

(O enlace de pago estará dispoñible cando se abra o prazo de matrícula)



BOLSA MATRÍCULA:

 

Unha vez aceptada a súa solicitude de bolsa, o alumno deberá efectuar un só pago de 780€ en concepto de matrícula, quedando exonerado do segundo prazo.


SOLICITUDE DE BOLSA:

 

Existen 2 bolsas da metade de matricula, que se poderán solicitar do 20 de novembro de 2020 ao 15 de febreiro de 2021.

 

Poderán optar a unha bolsa de axuda á matrícula aqueles alumnos admitidos, tras efectuar a preinscición, que cumplan os seguintes requisitos:

 

-  Que poidan acreditar co expediente académico do título co que accede ao posgrao unha nota media de  8,5 ou superior, calculada conforme al R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003 polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.

 

Para otorgar as bolsas de axuda, seleccionaranse os mellores expedientes académicos.

 

FORMACIÓN:

 

O curso oferta 3 becas de prácticas remuneradas durante 3 meses.

*Están condicionadas a súa aceptación definitiva pola Deputación da Coruña.

 

Documentación a achegar

Documentación a aportar xunto co boletín de preinscrición

 

  1. DNI,  pasaporte ou tarxeta de residencia (para extraxeiros), en vigor, escaneado por ambas caras e que se vexa completo.
  2. Título de acceso escaneado por ambas caras, lexible, asinado e que se vexa completo. Será un dos seguingues: Copia do título universitario de acceso, certificado sustitutorio do título, certificación do expediente académico persoal con data de depósito do título ou que indique que superou o primeiro ciclo, certificado de Selectividade, tarxeta de PAAU. 
  3. Currículum Vitae.
  4. Carta dirixida á Dirección explicando os motivos que lle animan a querer cursar o posgrao e, no seu caso, os méritos que alega para ser seleccionado.
  5. Documentacion da bolsa, no caso de solicitala.

 

Documentación a aportar para a solicitude de bolsa.

 

Expediente academico que inclua a nota media calculada conforme ao R.D. 1267/94 e polo R.D. 1044/2003, polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de calificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional. Non se valorará ningún documento que non conteña expresamente este dato.

 

Créditos

Créditos: 25

Datas

Data de celebración: Do 25/02/2021 ó 17/06/2021
Data de inscrición: Do 20/11/2020 ó 22/01/2021
Data de matrícula: Do 16/02/2021 ó 22/01/2021
Data do seguinte prazo de matrícula: Do 20/04/2021 ó 20/05/2021

Importes

Tarifa Matrícula completa: 1.560,00
Tarifa Primer plazo matricula: 780,00
Tarifa Segundo plazo matricula: 780,00

Soporte e máis información

Teléfono de contacto: 881014458
Enderezo electrónico: i.varelac@fuac.udc.es

Comparte esta información

C.E. en Cumprimento Legal e Privacidade

  Datos
Data: Do 25/02/2021 ó 17/06/2021
Horario: Jueves de 16:30 a 19:00 h
Lugar: Facultad Derecho- Campus Elviña A Coruña