PRESENTACIÓN



A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte regula a colaboración estable entre a Universidade da Coruña e HM Hospitales co fin de fomentar o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral.
 
Os obxectivos estratéxicos da Cátedra son:

-Lograr que en A Coruña se forme un centro de referencia no ámbito da Traumatoloxia do Deporte, non só para Galicia, senón para todo o noroeste peninsular.

-Promover unha formación de calidade no campo da Traumatoloxía do Deporte nos ámbitos da medicina, fisioterapia, e da educación física, da que podan aproveitarse os profesionais da contorna da UDC e da Coruña.

-Estimular a investigación no ámbito da Traumatoloxía do Deporte.

 

ACTUALIDADE

Concedida a bolsa de formación da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte

A Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC resolveu a convocatoria de bolsas de formación para o curso 2023-2024, que ofrece a licenciados en medicina con interese na Traumatoloxía do Deporte a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo nun centro de referencia nacional e internacional.

Ler máis

Javier Cudeiro Mazaira, director de la Cátedra HM-UDC, coordina un ciclo de charlas dentro de la exposición “Os labirintos do cerebro” do MUNCYT

Javier Cudeiro Mazaira, director da cátedra HM-UDC, catedrático de Fisioloxía da UDC e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia, é o comisario da exposición temporal “Os labirintos do cerebro” que acolle o MUNCYT da Coruña, e coordinador do ciclo de conferencias que se celebran como complemento á exposición.  A exposición poderá visitarse ata o 30/06/2024 durante o horario de apertura ao público.

Ler máis

Presentación do libro "Camiño da inclusión", coa colaboración da Cátedra HM-UDC

A Cátedra HM-UDC colaborou no evento de presentación do libro “Camino da inclusión”, realizado por ANHIDACORUÑA (Asociación de Nenos con Déficit de Atención con/sen Hiperactividade). O acto tivo lugar o xoves 21 de setembro na Sede Afundación e contou coa participación de Marcelo Castelo Rivas, comunicador diverxente con TDAH, e Javier Cudeiro Mazaira, especialista en Neurofisioloxía e Catedrático de Fisioloxía da UDC.

Ler máis

INSCRICIÓN

Exposición e ciclo de conferencias "Os labirintos do cerebro" Muncyt. A Coruña.

O sistema nervioso, labirinto de labirintos, foi a escusa perfecta para deseñar e levar a cabo na Coruña a exposición do MUNCYT, “Os labirintos do cerebro”. Nesta exposición e seguindo o fío condutor da historia, revisamos algúns achados craves que permitiron mellorar a nosa comprensión sobre a estrutura e a función do cerebro. A exposición estará dispoñible ata o 30 de xuño de 2023 e poderá visitarse durante o horario de apertura ao público do MUNCYT.

Ademais, o MUNCYT Coruña convídavos a participar nesta enquisa totalmente anónima, desenvolta dentro do proxecto expositivo 'Labirintos do Cerebro', encamiñada a recoller información sobre a capacidade de navegación cerebral en persoas afectadas por COVID persistente. Os resultados da enquisa compartiranse co público na páxina Web do MUNCYT cando acabe a exposición temporal. Moitas grazas por participar! 

Como complemento á exposición, ofrecemos ao visitante interesado e ao amante da ciencia, un ciclo de conferencias que se iniciará o día 28 de setembro de 2023 e prolongarase ata xuño do ano 2024.A selección de relatoras permitiu reunir a grandes expertos galegos e do resto do territorio español que abordarán distintos aspectos do noso laberíntico cerebro para entender mellor o que somos.

O ciclo está  coordinado polo comisario da exposición, Javier Cudeiro Mazaira, Catedrático de Fisioloxía da Universidade da Coruña, Director da Cátedra Institucional HM-UDC e do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia.

Todas as charlas celebraranse ás 19:00 h. no salón de actos do Muncyt A Coruña cunha duración estiamada de 90 minutos, incluído o coloquio. Serán de acceso libre ata completar aforo e retransmitiranse en directo a través da canle de Youtube da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Consulta aquí o programa do Ciclo de conferencias "Os labirintos do cerebro"

 

VII Convocatoria de bolsas de formación

A Cátedra HM- UDC convoca para o curso académico 2023-2024 unha bolsa de formación para médicos con interese no ámbito da Traumatoloxía Deportiva. Ofrece a posibilidade  a médicos que non teñen unha formación específica dentro do seu programa de estudos de Medicina nin nas diferentes especialidades médicas vía M.I.R., a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo un ano* nun centro de referencia nacional e internacional.  A cuantía da bolsa será de 8.000 euros.

*Excepcionalmente poderán considerarse períoos de formación de 6 meses. Nese caso a cuantía da bolsa será de 4.000 euros.

O prazo de presentación de solicitudes dará comezo o 20 de setembro de 2023 e rematará o 15 de novembro de 2023.

Inscríbete aquí

Bases da convocatoria

Consulta aquí a resolución da VII convocatoria de bolsas de formación da Cátedra HM-UDC 2023-2024 publicada o 4 de xaneiro de 2024

 

VI Convocatoria de bolsas de formación (Finalizado)

A Cátedra HM- UDC convoca para o curso académico 2022-2023 dúas novas bolsas de formación para médicos con interese no ámbito da Traumatoloxía Deportiva. Ofrece a posibilidade  a médicos que non teñen unha formación específica dentro do seu programa de estudos de Medicina nin nas diferentes especialidades médicas vía M.I.R., a posibilidade de realizar unha formación específica neste campo un ano* nun centro de referencia nacional e internacional.  A cuantía da bolsa será de 5.000 euros.

*Excepcionalmente poderán considerarse períoos de formación de 6 meses. Nese caso a cuantía da bolsa será de 2.500 euros.

O prazo de presentación de solicitudes dará comezo o 2 de marzo ata o 15 de maio de 2023.

Bases da convocatoria

 

Premio á mellor publicación científica do ano 2022 en Traumatoloxía do Deporte (Finalizado)

O premio Cátedra HM_UDC á mellor publicación científica, busca dar visibilidade ás actividades relacionadas coa Traumatoloxía do Deporte en España. Conséguese, así, incentivar a produción científica de calidade e difundir os resultados da investigación e as actividades da Cátedra. 

Os traballos deben versar sobre calquera ámbito da Traumatoloxía do Deporte.

Concederase un único premio de 1.500 euros.

Poderán optar a este premio os traballos publicados, entre o 1 de xaneiro de 2022 e o 31 de decembro de 2022, en revistas científicas que aparezan citadas en revistas indexadas no Journal Citation Report (JCR) da última edición dispoñible.

O prazo de presentación de solicitudes será do 2 de marzo ata o 30 de maio de 2023

Bases da convocatoria






 

Próximos eventos:

  • 23/05/2024: Charla “O cerebro e o labirinto do alcol".Santiago Canals Gamoneda do ciclo de conferencias "Los laberintos de cerebro"
  • 06/06/2024: Charla “O cerebro e o labirinto da cegueira". Eduardo Fernández Jover do ciclo de conferencias "Los laberintos de cerebro"

Últimos eventos:

  • 18/04/2024: Charla “O cerebro e o labirinto da epilepsia”.Castro Rivadulla Fernández do ciclo de conferencias "Los laberintos de cerebro"
  • 07/03/2024: Charla “O cerebro e o labirinto da obesidade”. Rosa Señarís Rodríguez do ciclo de conferencias "Los laberintos de cerebro"
  • 25/01/2024: Charla “O cerebro e o labirinto do Alzheimer”. Xurxo Mariño do ciclo de conferencias "Los laberintos de cerebro"
  • 04/01/2024: Publicación resolución da convocatoria de bolsas de formación da Cátedra HM-UDC 2023-2024
  • 30/11/2023: Charla “O cerebro e o labirinto da linguaxe”. Xurxo Mariño do ciclo de conferencias "Los laberintos de cerebro"




DOCUMENTACIÓN



Programa do ciclo de conferencias "Os labirintos do cerebro" Muncyt. A Coruña_setembro 2023: DESCARGAR
La Voz de Galicia_Javier Cudeiro_ No eres tú, es la ciencia_01.05.2020: DESCARGAR
La Voz de Galicia_Javier Cudeiro_El virus y el luto_06.05.2020: DESCARGAR
La Voz de Galicia_Javier Cudeiro_Sobre parásitos y personas_31.05.2020: DESCARGAR
El Español_Juan Abarca_Toca reconstruir la protección social_12.05.2020: DESCARGAR
Convenio de creación e regulación da Cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte: DESCARGAR
Convenio de creación y regulación de la Cátedra HM de Traumatología del Deporte_Renovación 2021-2022: DESCARGAR
Convocatoria de axudas de formación_curso académico 2022-2023: DESCARGAR
Resolución 3ª edición del premio HM ao mellor traballo de fin de máster en traumatoloxía do deporte: DESCARGAR
Resolución 3ª edición do premio HM á mellor Tese Doutoral en traumatoloxía do deporte: DESCARGAR
Bases 3ª edición do premio HM á mellor Tese Doutoral en traumatoloxía do deporte: DESCARGAR
Bases 3ª edición do premio HM ao mellor traballo de fin de mestrado en traumatoloxía do deporte: DESCARGAR
Bases 2ª edición do premio HM á Mellor Tese Doutoral en Traumatoloxía do deporte_2022: DESCARGAR
Bases 2ª edición do premio HM ao Mellor TFM en traumatoloxía do deporte_2020: DESCARGAR
2ª edición do premio HM á Mellor Tese Doutoral en Traumatoloxía do deporte_2020_Resumo prensa: DESCARGAR
2ª edición do premio HM á Mellor Tese Doutoral en Traumatoloxía do deporte_2020_Presentación Florian Michaud: DESCARGAR
Bases de la 1º edición del premio HM a la mejor tesis doctoral en traumatología del deporte (cerrado): DESCARGAR
Bases 3ª convocatoria de axudas de formación_curso académico 2019-2020 (pechado): DESCARGAR
Bases 2ª convocatoria de axudas de formación_curso académico 2018-2019 (pechado): DESCARGAR
Bases de la 1º edición del premio HM a la mejor tesis doctoral en traumatología del deporte (pechado): DESCARGAR
Resolución convocatoria de axudas de formación 2022-2023: DESCARGAR
Bases convocatoria bolsas de formación Cátedra HM-UDC 2022-2023 2ª edición: DESCARGAR
Bases convocatoria bolsas de formación Cátedra HM-UDC 2022-2023 2ª edición_ampliación de prazo: DESCARGAR
Resolución da V convocatoria de bolsas de formación da cátedra HM de Traumatoloxía do Deporte da UDC: DESCARGAR
Bases VI convocatoria bolsas de formación Cátedra HM-UDC 2022-2023: DESCARGAR
Convocatoria de premio á mellor publicación de 2022 en Traumatoloxía do deporte: DESCARGAR
Bases VII convocatoria bolsas de formación Cátedra HM-UDC 2023-2024: DESCARGAR
Resolución VI convocatoria de aXudas de formación 2022-2023: DESCARGAR
Resolución da convocatoria do premio á mellor publicación do 2022 en Traumatoloxía do deporte: DESCARGAR
Resolución VII convocatoria de bolsas de formación da Cátedra HM-UDC 2023-2024: DESCARGAR
MEMORIA DE ACTIVIDADES 2021: DESCARGAR

FINANCIAMENTO



A cargo de HM Hospitales

 

Contacto e máis información





Fundación Universidade da Coruña
Paseo de Ronda, 47-2ª planta (Edificio Normal) -15011 A Coruña
Telf. 881 011 168
E-mail: comunicacion@fuac.es