PRESENTACIÓN



A Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business foi constituída en setembro de 2019 por ALDABA, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, có obxectivo de potenciar e enriquecer o progreso das TIC: por un lado, promocionando unha crecente participación das mulleres no seu desenvolvemento; e, por outro, establecendo canles bidireccionais de colaboración entre a universidade e a empresa.

Os centros adscritos a esta Cátedra son a Facultade de Informática, no campus de A Coruña da UDC, e a Escola Superior de Enxeñaría Informática, no campus de Ourense da UVigo. Ao tratarse dunha Cátedra interuniversitaria, con ela búscase promover sinerxías entre ámbalas dúas Escolas de Informática, propor actividades conxuntas e estreitar lazos.

Unha das liñas estratéxicas que contempla a Cátedra é contribuír á formación de alto nivel dos futuros graduados da FIC-UDC e a ESEI-UVigo, a través de actividades que acheguen ao corpo estudantil as necesidades e posibilidades de uso das TIC en empresas. Tamén, facilitar a súa integración no mundo laboral, salientando as competencias, coñecementos e habilidades que demanda o tecido empresarial galego.

Por outra banda, a Cátedra promove o desenvolvemento de actividades que contribúan a dar visibilidade ás achegas das mulleres no eido das TIC, de cara a xerar referentes para espertar o interese de nenas e rapazas nas carreiras tecnolóxicas. E tamén á difusión das innumerables e salientables contribucións das TIC na mellora dos servicios sociais, culturais, da saúde e, en xeral, da visión máis humana do progreso, lonxe de estereotipos puramente tecnolóxicos.

Precisamente, dentro das iniciativas para reducir a fenda de xénero no ámbito TIC, a Cátedra puxo a disposición da sociedade BBG-TIC (Barómetro da Fenda de Xénero nos estudos TIC), unha ferramenta web de balde que reflicte graficamente, e que permite consultar, filtrar por diferentes criterios e marcos temporais, a evolución da subrepresentación feminina nos estudos de enxeñaría TIC (fundamentalmente enxeñaría informática e as titulacións máis próximas), en comparación co resto dos estudos. Este "barómetro" estará permanentemente actualizado cos novos datos de matrícula, resultados académicos, etc. publicados polas administracións públicas do ensino, e permitiranos saber se as medidas que se están levando a cabo dende os distintos estamentos da sociedade para reducir a fenda están a ter éxito ou non.

 

NOTICIAS

Aumenta a matriculación feminina en Enxeñaría Informática na Universidade da Coruña e na Universidade de Vigo

Na UDC as rapazas representan xa o 18% das incorporacións, e na UVIGO o 19%. A desigualdade de xénero existente na nosa sociedade non só afecta ao 50% das persoas que a forman, senón que frea o desenvolvemento en todos os ámbitos: económico, cultural, tecnolóxico, …, porque no deseño e a creación de novas obras, produtos e solucións estamos a perder a riqueza intelectual que achega a diversidade de xénero. Conscientes diso, a Universidade da Coruña (UDC) e a Universidade de Vigo (UVigo) puxeron en marcha diversas iniciativas para pór de relevo a existencia dunha fenda de xénero en diferentes ámbitos educativos e profesionais, e tamén medidas para reducilas ou palialas.

Ler máis

Alma Gómez, codirectora da Cátedra ALDABA-WIB participa na feira eXXperimienta en feminino no Campus de Ourense con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 11F

O pasado 16/F celebrouse a feira divulgativa eXXperimienta en feminino no Campus de Ourense, que pretende espertar vocacións femininas no campo CTEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) realizando cos asistentes experimentos con protagonismo das científicas e tecnólogas do campus. Pola mañá participaron máis de 300 estudantes procedentes de oito centros da provincia de Ourense e arredores. Pola tarde a feira estivo aberta ao público en xeral. 

Ler máis

Éxito de participación na edición especial de INTERLABS no CITEEC con motivo do Día Intenacional da Muller e a Nena na Ciencia (11F) no Campus de Coruña

O pasado venres 19 de febreiro celebrouse nas instalacións do CITEEC os INTERLABS, son pequenos encontros nos que varias persoas, nas etapas iniciais da súa carreira investigadora, expoñen brevemente o seu traballo en diferentes campos relacionados coas áreas extratéxicas da Axenda Científica do CITEEC, fomentando así o coñecemento entre os diferentes grupos e o xurdimento de posibles liñas de investigación interdisciplinares, con gran éxito de participación e asistencia. 

Ler máis

ACTIVIDADES

  • EVENTOS

A Cátedra ALDABA-WIB amadriña a edición especial de INTERLABS no CITEEC con motivo do Día Intenacional da Muller e a Nena na Ciencia (11F) no Campus de Coruña

  • VIDEOS

O 22 de abril do 2021 as docentes e investigadoras da UVigo Rebeca Díaz e Alma Gómez reflexionan sobre o papel da muller neste ámbito en GCiencia

Aquí podes ler no artigo completo -> A tecnoloxía é feminina: Día Internacional das Nenas nas TIC

 

A  Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business traballa para romper os estereotipos de xénero e conseguir que as mozas tomen a súa decisión coa información completa e realista sobre a profesión da enxeñaría informática.

 

Con motivo da celebración o 11 de febreiro do 2021 do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia a Cátedra ALDABA WIB: Women, ICT & Business patrocina o seguinte video onde a profesora da Escola Superior de Enxeñaría de Ourense Alma Gomez Rodiguez anima ás rapazas a estudar informática.

Descubre máis aquí






 

Próximos eventos:

  • Non existen eventos

Últimos eventos:

  • 16/02/2024: A Cátedra ALDABA-WIB amadriña a edición especial de INTERLABS no CITEEC con motivo do Día Intenacional da Muller e a Nena na Ciencia (11F) no Campus de Coruña
  • 16/02/2024: A Cátedra ALDABA-WIB participa na iniciativa "eXXperimienta en feminino" con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia (11F) no Campus de Ourense da UVigo
  • 24/10/2023: Participación da cátedra Aldaba-WIB no programa de radio 'A fume de Carozo' de Cuac FM sobre Orientación Académica e Profesional sobre Enxeñaría Informática e Graos afíns
  • 26/06/2023: Campamento ALDABA-TIC: Misión a Marte_26 ao 30 de xuño de 2023
  • 07/03/2023: Mesa redonda 'Traballo das mulleres no ámbito tecnolóxico' no acto central polo 8M da UDC




DOCUMENTACIÓN



Resolución convocatoria de axuda para a formación Cátedra UDC ALDABA-WIB_2021-2022: DESCARGAR
Convocatoria de axuda para a formación Cátedra UDC ALDABA-WIB_2021-2022: DESCARGAR
¿Sabías que...? _2022 Maio : DESCARGAR
¿Sabías que...?_2_2022 Xullo : DESCARGAR
¿Sabías que...?_2_2023 Marzo: DESCARGAR

ENTIDADES COLABORADORAS







 

CONTACTA CON NÓS





Ourense Escola Superior de Enxeñería Informática (ESEI). Campus de Ourense (Universidade de Vigo)
Edificio Politécnico s/n, 32004 Ourense
Directora da Cátedra:
Alma Gómez Rodríguez - alma@uvigo.es
A Coruña Facultade de Informática – UDC
Camiño do Lagar de Castro, 6, 15008 A Coruña
Directora da Cátedra:
Virginia Mato Abad - virginia.mato@udc.es